Meréns, casa grande de
Meréns, casa grande de
Construción situada en Meréns (Cortegada). De planta rectangular, realizouse con materiais pobres, agás o hórreo, que é de granito. Destaca a fachada principal onde se conserva un dos escudos máis grandes de Galicia, con 18 cuarteis e unha coroa condal. Nel están representadas as armas dos Araúxo, Feixoo, Ortigueira, Mosquera, Moscoso, Cisneros, Figueroa, Novoa e Sarmiento. O edificio pertenceu ao conde de Ximonde a finais do s XVIII.