"Mesía" (Contén)

Mostrando 16 resultados de 16.

  • Provincia romana do baixo Danubio, na zona comprendida desde os Balcáns, o Ponto e o Danubio ata Dalmacia e Panonia. Habitada por pobos de raza tracia, conquistouna Marco Linicio Craso en 29 a C. O territorio constituíuse como distrito militar dependente administrativamente de Iliria. Diversas incursións dos dacios e os sármatas (68-70) determinaron a intervención de Domiciano que, en 86, a dividiu en dúas partes: a Mesia Superior (Occidental) e a Mesia Inferior (Oriental). Diocleciano fixo unha nova división do territorio e no s IV a rexión sufriu as invasións bárbaras e quedou baixo o dominio dos godos, os alanos e os hunos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia baixo a advocación de san Cristovo que dá nome ao concello de Mesía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca de Ordes, no centro-oeste da Comunidade Autónoma de Galicia e ao L da provincia da Coruña, situado a 43° 06’ de latitude N e 8° 14’ de lonxitude O. Limita ao N cos concellos de Abegondo (comarca da Coruña) e Cesuras (comarca de Betanzos), ao L cos de Vilasantar (comarca de Betanzos) e Boimorto (comarca de Arzúa), ao S cos de Boimorto (comarca de Arzúa) e Frades (comarca de Ordes), e ao O cos de Frades e Ordes (ambos os dous da comarca de Ordes). Abrangue unha superficie de 106,8 km 2 , en que acolle unha poboación de 3.080 h (2007), distribuídos nas parroquias de Albixoi, Bascoi, Boado, Bruma, Cabrui, Castro, Cumbraos, Lanzá, Mesía, Olas, Visantoña e Xanceda. A capital do concello é o lugar de Xanceda, na parroquia homónima, situada a 46 km da cidade da Coruña e a 42 km de Santiago de Compostela. Está adscrito á provincia da Coruña, á arquidiocese de Santiago de Compostela e á xurisdición do partido xudicial de Ordes.
    Xeografía física...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que trae por armas, en campo de ouro, tres faixas de azul.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político, terceiro marqués de Leganés, marqués de Mairena e de Morata de la Vega e cuarto duque de Sanlúcar la Mayor. Comendador maior na orde de Santiago, foi lugartenente de València (1667-1669), de Catalunya (1678 e 1685-1688) e gobernador de Milán (1691-1698). Responsable da caída do ministro Oropesa, mostrouse partidario de Carlos de Austria como sucesor de Carlos II. Filipe V condenouno á cadea durante a Guerra de Sucesión Española (1705), ao descubrir que facilitara información ás forzas de Carlos de Austria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Mesía. Construíuse durante o s XII e foi destruído en 1467 durante as Guerras Irmandiñas, cando era propiedade de Gómez Pérez das Mariñas. Abandonado, o arcebispo Alonso de Fonseca apropiouse del e mandouno reedificar. Aínda que os nobres galegos o tomaron durante algún tempo, volveu ser de propiedade eclesiástica. Conserva anacos das defensas exteriores. Foi declarada Ben de Interese Cultural (BIC) en 1994.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar, primeiro marqués de Leganés (1627) con Grandeza de España (1634) e comendador maior de León na orde de Santiago. Curmán do conde-duque de Olivares, foi presidente do Consello de Flandres e gobernador de Milán (1635-1637), onde recobrou a Valtellina. Derrocado máis tarde polo mariscal francés Henri de Lorraine, conde de Harcourt, retornou a Madrid, e posteriormente foi lugartenente de Catalunya (1645-1647) ao servizo de Filipe IV.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao Mesías ou ao mesianismo.

    2. Actitude que, segundo o Evanxeo segundo San Marcos, mantivo Xesús de Nazaret en canto á aplicación pública do título de Mesías á súa persoa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Corrente histórica do pobo de Israel, que ten a súa orixe nas promesas dos profetas que anunciaban unha nova orde no mundo como froito da chegada do Mesías. Caracterizouse pola esperanza popular na instauración dunha nova orde.

    2. Esperanza que se deposita nunha persoa ou mesías do que se espera unha intervención para a mellora dunha situación.

    3. Perturbación mental dunha persoa que se cre un mesías.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Título bíblico dado a Xesús de Nazaret, como a persoa en que se cumprían as esperanzas do pobo xudeu na chegada dun enviado de Deus que restaurase o Reino de Israel. O termo hebreo aplicouse inicialmente (s XI a C) ao rei do pobo de Israel e, posteriormente, cando os profetas de Xudea (ss VIII-VI a C) inculcaron no pobo a esperanza dunha restauración gloriosa, obra dun rei da dinastía de David, o Mesías significou ‘o salvador agardado’. A presentación de Xesús de Nazaret como o Mesías agardado foi establecida polos catro evanxelistas, pero xa antes da redacción dos Evanxeos, Paulo deu a Xesús o nome de Cristo, palabra coa que a versión grega dos Setenta traducira o nome de mesías. Os xudeus, en cambio, agardan aínda a chegada do mesías prometido. OBS: Nesta acepción adoita escribirse en maiúscula.

    2. Persoa en que se confía e se espera con grande ansia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de artrópodos migalomorfos, da orde dos araneidos, que presentan a fosa torácica curvada, coa concavidade posterior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo que ten a súa orixe no grego Νεμέσιος, latinizado en Nemesius, nome persoal derivado de Némesis, a deusa da xustiza punitiva ou distributiva, e da vinganza divina contra toda desmesura. Presenta o hipocorístico Neme. A súa festividade celébrase o 19 de decembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e teólogo cristián. Escribiu diversos textos de catequese e foi considerado autor do himno Te Deum.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Debilidade muscular debida frecuentemente á idade, que se caracteriza por tremores e axitacións convulsivas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Granada, Andalucía, situado na Vega de Granada e regado polo río Genil (2005 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO