mesías
(< lat bíblico Messĭas < hebr mĕšīāḥ ‘unxido’ )
-
s
m
[RELIX]
Título bíblico dado a Xesús de Nazaret, como a persoa en que se cumprían as esperanzas do pobo xudeu na chegada dun enviado de Deus que restaurase o Reino de Israel. O termo hebreo aplicouse inicialmente (s XI a C) ao rei do pobo de Israel e, posteriormente, cando os profetas de Xudea (ss VIII-VI a C) inculcaron no pobo a esperanza dunha restauración gloriosa, obra dun rei da dinastía de David, o Mesías significou ‘o salvador agardado’. A presentación de Xesús de Nazaret como o Mesías agardado foi establecida polos catro evanxelistas, pero xa antes da redacción dos Evanxeos, Paulo deu a Xesús o nome de Cristo, palabra coa que a versión grega dos Setenta traducira o nome de mesías. Os xudeus, en cambio, agardan aínda a chegada do mesías prometido. OBS: Nesta acepción adoita escribirse en maiúscula.
-
s
m
Persoa en que se confía e se espera con grande ansia.