"Metodio" (Contén)
Mostrando 3 resultados de 3.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo masculino que procede do nome grego e bizantino Methódios, latinizado en Methodius, que deriva da palabra helena méthodos ‘busca, indagación, ciencia’, composto de metá ‘mudanza, cambio’ e hodós ‘camiño, vía’, co significado de ‘camiño para alcanzar un fin’. Destaca con este nome san Metodio (825?-885?).
-
VER O DETALLE DO TERMO
(ss III - IV) Escritor grego e pai da Igrexa. Posible bispo de Filipos, escribiu Symposion, que influíu nos ascetas posteriores, e morreu martirizado. A súa festividade celébrase o 18 de setembro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Tesalónica 815 - Moravia 885?) Eclesiástico, apóstolo dos eslavos. Foi enviado, xunto co seu irmán san Cirilo, a evanxelizar a rexión do Mar Negro. Á volta, foron enviados a Moravia, onde evanxelizaron os eslavos, inventaron a escritura glagolítica, que despois se chamou cirílica, traduciron o Evanxeo ao eslavo e organizaron o clero. Iconograficamente adoita aparecer representado co seu irmán Cirilo, e visten indumentaria episcopal, xeralmente ao estilo oriental. Levan como atributo un cadro en que se representa o Xuízo Final e adoitan soster na man unha maqueta dunha igrexa ou unha cruz (propia dos evanxelizadores). A súa festividade celébrase o 14 de febreiro.