"Moeche" (Contén)
Mostrando 7 resultados de 7.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Arciprestado da diocese de Mondoñedo-Ferrol que abrangue o concello de Moeche e parte dos de Cerdido, Ortigueira e San Sadurniño. Está composto por nove parroquias matrices e tres anexos.
-
GALICIA
Concello da comarca de Ferrol, situado no N de Galicia e ao NO da provincia da Coruña. A súa posición xeográfica é latitude 43° 32’ N e lonxitude 8° 00’ O. Limita ao N co concello de Cerdido (comarca de Ortegal); ao L cos concellos das Somozas (comarca de Ferrol) e Cerdido (comarca de Ortegal); ao S cos das Somozas e San Sadurniño (comarca de Ferrol), e ao O cos concellos de San Sadurniño e Valdoviño, da mesma comarca. Abrangue unha superficie de 48,4 km 2 , en que acolle unha poboación de 1.441 h (2007), distribuídos nas parroquias de Abade, Labacengos, San Xoán de Moeche, San Xurxo de Moeche e Santa Cruz de Moeche. A capital do concello é o lugar de Pereiro. Moeche localízase a 85 km da cidade da Coruña e a 133 km de Santiago de Compostela. Está adscrito á diocese de Mondoñedo e ao partido xudicial de Ortigueira.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
Moeche presenta en termos xerais unha alternancia entre vales e pequenos outeiros, que actúan como divisorias locais... -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Moeche. De orixe incerta, durante as Guerras Irmandiñas acudiu ao lugar unha partida en busca de Nuno Freire de Andrade que, ao non atopalo, derrubaron o castelo. Despois do fracaso, os sublevados tiveron que reconstruílo. Ten planta octogonal cunha torre cadrada arrimada e un patio de armas de planta irregular. Destaca a torre da homenaxe co seu foxo e os muros ben conservados. Conserva os escudos de armas dos Enríquez, Valcárcel e Casas de Osorio. Foi declarado Ben de Interese Cultural en 1994.
-
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Moeche baixo a advocación de san Xurxo, onde se atopa a capital municipal.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Moeche. Ten planta rectangular e capela maior cuberta con bóveda de oxivas estrelada. A fachada principal está dividida en tres corpos por medio de dúas bandas e remata nunha cornixa. A torre do campanario ten tres corpos e está pegada ao muro norte.
VER O DETALLE DO TERMO -