"Monfero" (Contén)

Mostrando 4 resultados de 4.

  • GALICIA

    Concello da comarca de Eume, situado ao NO de Galicia e ao L da provincia da Coruña. A súa posición xeográfica é 43° 19’ latitude N e 8° 03’ lonxitude O. Limita ao N cos concellos de Cabanas, A Capela e As Pontes de García Rodríguez (comarca de Eume), ao L cos concellos de Xermade e Guitiriz (comarca de Terra Chá), ao S cos de Aranga, Irixoa e Vilarmaior (comarca de Betanzos) e ao O cos de Vilarmaior (comarca de Betanzos) e Pontedeume (comarca de Eume). Abrangue unha superficie de 172,5 km 2 en que acolle unha poboación de 2.400 h (2007) distribuída entre as parroquias do Alto do Xestoso, Queixeiro, San Fiz de Monfero, Santa Xiá de Monfero, Taboada, O Val de Xestoso e Vilachá. A capital do concello é o lugar de Rebordelo, na parroquia de San Fiz de Monfero. Localízase a 45 km da cidade da Coruña e a 80 km de Santiago de Compostela. Está adscrito á provincia da Coruña, á arquidiocese de Santiago e á de Mondoñedo-Ferrol e ao partido xudicial de Betanzos.
    Xeografía...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mosteiro situado en Monfero. Ten a súa orixe nun cenobio cisterciense do s XII que recibiu o apoio do conde de Traba e de Afonso VII. Renovouse completamente no s XVII en estilo barroco. A igrexa, de orixe románica, é dunha soa nave con planta de cruz latina. Na intersección entre a nave principal e a do cruceiro sitúase unha cúpula-ciborio octogonal con ventás no tambor e bóveda de canón casetonada. Os muros laterais da nave están decorados con columnas que sosteñen unha cornixa que percorre a igrexa. A cabeceira está formada pola capela maior rectangular, enmarcada por dous capelas rectangulares. Está percorrida por un deambulatorio. Tras o altar maior atópanse unha sancristía e unha capela, onde celebraban misa os sacerdotes que non pertencían ao mosteiro. Cóbrese cunha bóveda de comezos do s XVIII. No brazo norte do cruceiro destaca o retablo pétreo da Virxe da Cela (1666). No interior do templo destacan os sepulcros de Nuno Freire de Andrade o Mao, de estilo gótico, o do seu...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Monfero baixo a advocación de san Fiz, onde se atopa a capital municipal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Monfero baixo a advocación de santa Xiá.

    VER O DETALLE DO TERMO