"Monforte de Lemos" (Contén)
Mostrando 9 resultados de 9.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Monforte de Lemos onde se atopa a capital municipal, no lugar homónimo.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Concello da comarca de Terra de Lemos, situado no centro-L de Galicia. A súa posición xeográfica é 42° 31’ 00’’ de latitude N e 7° 30’ 07’’ de lonxitude O. Limita ao N co concello de Bóveda (comarca de Terra de Lemos), ao L co da Pobra do Brollón (comarca de Terra de Lemos), ao S cos de Castro Caldelas (comarca de Terra de Caldelas), Ribas de Sil (comarca de Quiroga) e Sober (comarca de Terra de Lemos) e ao O con Pantón, O Saviñao e Sober (comarca de Terra de Lemos). Abrangue unha superficie de 199,5 km 2 , en que acolle unha poboación de 19.311 h (2007), distribuída nas parroquias de Baamorto, Bascós, Caneda, O Chao do Fabeiro, Chavaga, Distriz, Fiolleda, Gullade, Guntín, Marcelle, Monforte de Lemos, Moreda, As Nocedas, A Parte, A Penela, Piñeira, Reigada, Ribas Altas, Rozavales, San Xillao de Tor, Santa Mariña do Monte, Seoane, Sindrán, Tor, Valverde, A Vide e Vilamarín. A capital está en Monforte de Lemos, na parroquia homónima. Atópase a 127 km de Santiago de Compostela...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Monforte de Lemos. Datada a finais do s XIII e comezos do XIV e construída polos condes de Lemos, reforzouse no s XVI despois das Guerras Irmandiñas. Da primitiva fortaleza consérvase a torre de homenaxe, de 30 metros de altura, con muros de cantaría e planta cuadrangular, e parte dos muros que rodeaban o monte. Da segunda etapa conserváronse restos da muralla e dos cubos cadrados e semicirculares que a reforzaban, e dúas portas de acceso ao recinto. A principal ten os seus lados dúas torres de planta cadrada entre as que se abre un arco de medio punto coroado polos escudos dos Osorio e os Castro. A porta de Alcazaba ten catro pisos, os tres primeiros con vigas apoiadas en impostas e o derradeiro cunha bóveda de canón apuntada. No terceiro piso ten unha ventá aximezada con arcos trebolados coñecida como a ventá da raíña. A torre remátase con ameas voadizas. Ao seu lado atópase outra torre posterior. Foi declarado Ben de Interese Cultural (BIC) en 1994.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Demarcación administrativa de xustiza que abrangue os concellos de Bóveda, Folgoso do Courel, Monforte de Lemos, Pantón, A Pobra do Brollón, Quiroga, Ribas de Sil, O Saviñao e Sober.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada sobre o río Cabe, en Monforte de Lemos, no camiño antigo de Santiago de Compostela a Castela. Realizada en cantaría con arcos de medio punto lixeiramente rebaixados e tallamares triangulares, ten catro vans.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Convento dominicano situado en Monforte de Lemos. Realizado en estilo renacentista con elementos barrocos, foi fundado en 1623 pola viúva do VII conde de Lemos. Destaca o seu patio que ocupa dous pisos, con pilastras que o abarcan en altura, dándolle monumentalidade. A igrexa ten unha soa nave presidida por unha capela maior, cuberta cunha cúpula renacentista. Destaca o artesoado formado por seis panos dispostos de xeito lonxitudinal e divididos en sete partes. O retablo da capela maior, de estilo plateresco, pretendía xustificar a presenza da orde dominicana no concello, fomentar a devoción pola Virxe María e o rezo do Rosario. No retablo da Virxe do Rosario atópase unha imaxe da Virxe co neno atribuída á escola de Valladolid do s XVII. Nas mesmas dependencias atópase o arquivo parroquial.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Hospital e ermida situada en Monforte de Lemos. A primeira nova documental coñecida refírese a un documento de 1592 escrito na sala De profundis do desaparecido convento franciscano de Santo Antonio de Padua. Trátase dun templo de orixe medieval pero con numerosas reformas posteriores. Conta con muros de cachotaría, un pórtico sustentado por piares cuadrangulares e un retablo dedicado a san Lázaro. Só se conserva o templo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Convento situado en Monforte de Lemos. Foi fundado por Pedro Fernández de Castro Andrade e Portugal, VII conde de Lemos, e a súa muller, dona Catarina de la Cerda, en 1622. Destaca polo seu claustro de estilo clasicista, realizado en cantaría nun estilo sobrio a base de pilastras. A igrexa, reconstruída na década de 1920, realizouse en estilo gótico e ten unha soa nave terminada en ábsida. No convento sitúase o Museo da Arte Sacra das Clarisas de Monforte de Lemos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Museo situado no convento de Santa Clara de Monforte de Lemos. Considerado como un dos máis importantes museos de arte sacra de España, conta cun importante fondo composto por vestimentas litúrxicas e pezas de ourivaría relixiosa do Renacemento. Sobresaen especialmente o Cristo yacente e a Inmaculada, de Gregorio Fernández.