"Monreal" (Contén)
Mostrando 3 resultados de 3.
-
LOCALIDADES
Localidade do municipio de Ochagavía, Nafarroa, situada á beira do Camiño Francés de Peregrinación a Santiago. En 1149, García V de Navarra concedeulle o foro dos francos. Conserva unha ponte gótica con dúas bóvedas apuntadas. Houbo varios hospitais, unha ermida e unha confraría de Santiago de Compostela.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Teruel, Aragón, situado á beira do río Jiloca (2.343 h [2001]). A súa economía baséase na agricultura de regadío con cultivos de cereais e viña, a gandaría e as industrias alimentarias derivadas.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade da provincia de Palermo, no NO da illa de Sicilia, Italia, situada sobre unha terraza na faldra do monte Caputo (25.368 h [1991]). Medrou arredor dun mosteiro beneditino feito construír por Guillerme II de Sicilia e durante os ss XIII e XIV foi vítima de continuas devastacións a causa da rivalidade anxevina e catalano-aragonesa. Ten unha catedral, que destaca, sobre todo, polo conxunto de mosaicos bizantinos dos ss XII e XIII.
VER O DETALLE DO TERMO