Monreale
Monreale
Cidade da provincia de Palermo, no NO da illa de Sicilia, Italia, situada sobre unha terraza na faldra do monte Caputo (25.368 h [1991]). Medrou arredor dun mosteiro beneditino feito construír por Guillerme II de Sicilia e durante os ss XIII e XIV foi vítima de continuas devastacións a causa da rivalidade anxevina e catalano-aragonesa. Ten unha catedral, que destaca, sobre todo, polo conxunto de mosaicos bizantinos dos ss XII e XIII.