"Mont Blanc" (Contén)

Mostrando 3 resultados de 3.

  • MUNICIPIOS

    Municipio de Savoia, no departamento da Haute-Savoie, Francia, nos Alpes (10.000 h [estim 2000]). Ocupa o eixo da cordilleira dos Alpes, onde se acadan as máximas altitudes, que corresponden ao Mont Blanc (4.807 m). O aproveitamento turístico da montaña é o principal recurso económico. O maior núcleo de poboación do concello, Chamonix, é unha estación de montaña situada a máis de 1.200 m de altitude. Na segunda metade do s XIX principiou o seu desenvolvemento, coa difusión do montañismo, que atraeu os primeiros turistas ao cumio máis elevado do continente europeo. A práctica do esquí introduciuse en 1896. En 1902 celebráronse as primeiras competicións desta modalidade deportiva. O emprazamento fronteirizo con Suíza e Italia, xunto coas súas potencialidades naturais, favoreceu que se convertera nun dos principais centros invernais do mundo, de xeito que foi elixida para acoller a celebración dos primeiros Xogos Olímpicos de Inverno (1924). Daquela disputáronse probas de seis disciplinas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CUMIOS

    Cumio do macizo de Mont Blanc, que con 4.810 m de altitude é a máxima altura dos Alpes. En 1786 J. Balmat e M. G. Piccard foron os primeiros en escalalo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MACIZO

    Macizo da zona axial dos Alpes Occidentais, situado entre Francia, Italia e Suíza. O seu cumio érguese ata os 4.810 m en territorio francés. Constituído basicamente por rochas moi duras e metamórficas, está ben delimitado por unha serie de vales profundos. No sector francés, particularmente, os glaciares ocupan aínda unha extensión considerable, Mer de Glace é o máis grande. A rexión ten unha grande afluencia turística, con estacións termais e deportes de inverno. Chamonix-Mont Blanc, en Francia, e Courmayeur, en Italia son os dous centros urbanos máis importantes. En 1965 inaugurouse un túnel de 11,6 km que une Italia e Francia.

    VER O DETALLE DO TERMO