Mont Blanc

Mont Blanc

Macizo da zona axial dos Alpes Occidentais, situado entre Francia, Italia e Suíza. O seu cumio érguese ata os 4.810 m en territorio francés. Constituído basicamente por rochas moi duras e metamórficas, está ben delimitado por unha serie de vales profundos. No sector francés, particularmente, os glaciares ocupan aínda unha extensión considerable, Mer de Glace é o máis grande. A rexión ten unha grande afluencia turística, con estacións termais e deportes de inverno. Chamonix-Mont Blanc, en Francia, e Courmayeur, en Italia son os dous centros urbanos máis importantes. En 1965 inaugurouse un túnel de 11,6 km que une Italia e Francia.