"Montpellier" (Contén)

Mostrando 3 resultados de 3.

  • PERSOEIRO

    Señora de Montpellier (1205-1213) e raíña de Aragón, filla de Guillerme VIII de Montpellier. Casou en 1204 con Pedro I de Aragón, quen a obrigou a cederlle en 1205 o señorío ao seu irmán Guillerme IX, aínda que o papa declarou que ela era a sucesora legal. En 1208 tivo un fillo, Xaime I de Aragón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da rexión de Languedoc-Rosellón e do departamento administrativo de Hérault, Francia (287.981 h [1999]). Situada nunha fértil chaira, regada polos ríos Lez e Verdanson, érguese sobre uns pequenos outeiros areosos. O centro inclúe a parte esencial do equipamento e as actividades urbanas. Entre estas é salientable a universitaria, xa en 1180 funcionaba unha escola de medicina, pero a universidade foi fundada en 1289. Tamén destacan as funcións comercial e industrial. A industria comprende os sectores tradicionais (téxtiles, alimentarios e mecánicos), e máis modernamente destacan as instalacións da firma IBM. Con todo, a influencia rexional de Montpellier quedou freada polas cidades de Narbona, Nimes, Marsella, Lyon e Toulouse. Fundada contra o ano 1000 constituíu o centro de señorío de Montpelleir, adquiriu unha grande importancia no s XIII, vencellada á Coroa de Aragón (1204-1359), e en 1382 foi incorporada definitivamente á coroa francesa. Numerosas epidemias e a anexión de Provenza...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso. Residiu en Montpellier entre 1295-1327 pero, orfo desde os vinte anos, repartiu as súas riquezas entre os pobres e tomou o hábito franciscano. Atribuíronselle peregrinacións a Santiago de Compostela, Roma e Xerusalén, nas que se di que coidaba dos apestados polo camiño. Tras contaxiarse, retirouse a un monte a onde un can lle levou a comida ata que un anxo o curou. Considerado avogoso da peste, das chagas, da boa morte e protector dos cans de palleiro, o seu culto estendeuse por toda Europa no s XV, a miúdo asociado ao de san Sebastián. Iconográficamente representouse como un home de mediana idade, barbado, con vestiduras nobres, chapeu de ala ancha, mochila pendurada ao ombreiro e bordón, cunha cabaza nunha man, mentres que coa outra ergue a túnica para amosar as chagas da perna. Como elementos simbólicos porta unha ou varias vieiras (peregrinación a Santiago de Compostela), dúas chaves cruzadas (a Roma) e a palma (a Terra Santa). Representouse cun anxo cunha redoma (co que...

    VER O DETALLE DO TERMO