"Monzo" (Contén)
Mostrando 10 resultados de 10.
-
-
PERSOEIRO
Escritor. Coñecido como Quim Monzó, exerceu como correspondente de guerra. Colaborador habitual en TV3, L’Avui e Catalunya Ràdio, publicou numerosas novelas, como L’udol del griso al caire de les clavegueres (1976), La magnitud de la tragèdia (1989) e Catorze ciutats comptant-hi Brooklyn (2004). Tamén publicou contos, como Uf, va dir ell (1978), Olivetti, Moulinex, Chaffoteaux et Maury (1980, Premio de la Crítica Serra D’Or 1981), El perquè de tot plegat (1993, Premio da Crítica Serra D’Or e premio Ciutat de Barcelona) e a recompilación Vuitanta-sis contes (1999, Premio Nacional de Literatura 2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Joaquim Monzó i Gomez.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sistema de ventos que comporta a inversión estacional da súa dirección dominante nas latitudes intertropicais. Ata finais do s XIX designaba os ventos de superficie que cambian de dirección de inverno a verán. Non obstante , a moderna aeroloxía aplícao á variación estacional dos ventos en altitude, relacionada coa oscilación da temperatura. Finalmente, as radiosondas descubriron na baixa estratosfera (a uns 21 km de altitude) un xiro total da dirección dominante dos ventos tamén en inverno e verán, pero en sentido completamente contrario ao monzón superficial. É un factor independente do monzón térmico das capas baixas e responde a un mecanismo planetario e cósmico, reflexo do clima solar e da reacción particular do ozono. Os meteorólogos tropicais chámanlle monzón só ao fluxo estival do O, que resulta da desviación que sofre o alisio ao atravesar o ecuador. Os monzóns son os principais causantes de inundacións, isto convérteos nun dos fenómenos naturais máis importantes como causantes...
-
MONTES
Monte situado na parroquia de Lobás (Calvos de Randín). O seu cumio acada os 1.040 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio de Huesca, Aragón, situado á esquerda do río Cinca (14.920 h [2001]). Do seu patrimonio cultural destaca a igrexa de Santa María, románica, construída no s XII e modificada en séculos posteriores. Foi sede habitual das Cortes xerais da Coroa de Aragón, desde 1134 a 1701; ou das privativas dos seus diversos estados, sobre todo a partir do s XIV.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e escritor. Membro do Partido Nacionalista Vasco, o que presidiu en 1933. Ao estoupar a Guerra Civil Española (1936-1939) foi ministro da Gobernación do goberno vasco. Formou parte do goberno vasco no exilio ata 1952. En 1977 volveu clandestinamente a Euskadi e en 1979 foi elixido deputado pola coalición Herri Batasuna.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Pacto asinado entre os representantes de Luís XIII de Francia e Filipe IV en Monzón, onde o rei de Castela celebraba Cortes, o 5 de maio de 1626. Recoñecía a independencia da Valtellina, Bormio e Chiavenna, feito que asegurou as comunicacións entre o Milanesado, dominado por Castela, e o Imperio Austríaco.
-
-
Relativo ou pertencente ao monzón.
-
Clima rexido polo sistema de ventos do monzón, caracterizado por unha alternancia moi marcada entre a estación seca, que corresponde ao inverno, e a estación chuviosa, que corresponde á estación cálida e supón os máximos de pluviosidade mundiais. As chuvias monzónicas, polo feito de coincidir co verán, orixinan un bosque tropical con especies caducifolias e facilitan unha agricultura rica.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Roca intrusiva, holocristalina e fanerítica, que contén proporcións case iguais de plaxioclasio sódico e de feldespato potásico; contén tamén biotita, hornblenda e auxita.