monzónico -ca
monzónico -ca
(< monzón)
-
adx
Relativo ou pertencente ao monzón.
-
clima monzónico
[CLIMAT]
Clima rexido polo sistema de ventos do monzón, caracterizado por unha alternancia moi marcada entre a estación seca, que corresponde ao inverno, e a estación chuviosa, que corresponde á estación cálida e supón os máximos de pluviosidade mundiais. As chuvias monzónicas, polo feito de coincidir co verán, orixinan un bosque tropical con especies caducifolias e facilitan unha agricultura rica.