"Moscova" (Contén)
Mostrando 15 resultados de 15.
-
PERSOEIRO
Gran Príncipe de Vladimir e de Moscova (1398-1425). Sucedeu o seu pai Demetrio Donskoi, heroe do Don (vitoria sobre os tártaros). Rexeitou o ataque de Tamerlán e dos lituanos, e negouse a pagar os tributos que lle impuñan os tártaros da Horda de Ouro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Gran Príncipe de Vladimir e de Moscova (1425-1462), coñecido como o Cego. Sucedeu o seu pai Basilio I baixo a tutela do seu avó Vitoldo, Gran Duque de Lituania (morto en 1430), pero as loitas familiares pola posesión do trono non cesaron ata o 1453. Opúxose á aceptación do Decreto de Unión das Igrexas Grega e Romana (1439), co que deu o primeiro paso para a constitución dunha Igrexa Nacional Rusa. Sucedeuno Iván III o Grande.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Gran Príncipe de Vladimir e de Moscova (1505-1533), fillo de Iván III e pai de Iván o Terrible. Ampliou os seus dominios, pola violencia e a intriga, coas anexións de Pskov (1510), R´azan (1517), Smolensko (1522), Novogorod e Starodub (1523).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(1304? - 1341) Gran príncipe de Moscova (1325-1341) e de Vladimir (1328-1341), fillo de Daniel I. Sucedeu o seu irmán Alexandre II. Estendeu o dominio do principado a unha gran parte de Rusia e estableceu a hexemonía sobre outros principados (Tver) e cidades (Novgorod, Pskov).
-
PERSOEIRO
Gran príncipe de Moscova (1462-1505), fillo e sucesor de Basilio II. Unificou unha gran parte de Rusia (centralización do poder e unificación do sistema xudicial, entre outras medidas) e loitou contra Suecia, os grandes príncipes lituanos e os livonianos. Estableceu relacións diplomáticas con diversas nacións europeas e abriu o país á influencia da cultura occidental. Chamou ao arquitecto italiano Aristotile Fieravanti para refacer e embelecer o Kremlin, onde construíu a catedral da Asunción(1476-1479).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Eclesiástico. Foi arcebispo de Novgorod e metropolitano de Moscova (1543). Tivo moita influencia sobre o tsar Iván IV o Terrible. Recolleu a tradición rusa en varios volumes sobre a vida dos santos.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital de Rusia e da oblast’ homónima (8.305.000 h [2000]). Está atravesada polo río Moskva a unha altitude media de 20 m. Moitas particularidades do relevo son consecuencia dos cambios introducidos pola actividade da poboación ao longo dos séculos. O clima é moderadamente continental. No Moskva conflúen o Jauza, que atravesa a cidade polo NL, e o Setun’, qoe o fai polo extremo O da cidade. A poboación está composta nun 89% de rusos, mentres que o resto pertenden a diferentes nacionalidades da CEI. Moscova posúe unha gran concentración industrial. A parte correspondente ás construcións mecánicas sobrepasa o 50%, con predominio dos sectores máis complexos e cualificados (tornos, aparatos de precisión, maquinaria complexa ou automóbiles). Malia a preeminencia da industria pesada, Moscova conserva o seu papel de gran produtora na industria lixeira e alimentaria. De Moscova arrancan numerosas liñas de ferrocarril, que a unen con todos os estados da CEI. Coa construción (1937) da canle...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Oblast’ de Rusia (47.000 km2; 15.454.000 h [estim 1992]). A súa capital é Moscova.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Combates librados nas proximidades de Moscova no inverno de 1941-1942, entre os exércitos alemán e soviético durante a Segunda Guerra Mundial. A toma de V’az’ma polo exército do mariscal Von Bock, o mes de outubro de 1941, levou a Wehrmacht a 200 km de Moscova, pero a resistencia soviética fixo fracasar a ofensiva final. Desde entón as iniciativas das operacións militares pasaron ao exército soviético, que en xaneiro de 1942 fixera retroceder aos alemáns.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Papiro exipcio, datado en 1800 a C, que tamén se coñece como papiro Golenishchev. Elaborado en escritura hierática, contén 25 problemas matemáticos, aínda que varios son ilexibles. Catro destes problemas fan referencia á xeometría, e entre eles destaca un que trata do cálculo do volume dunha pirámide truncada. Atópase no Museo de Belas Artes de Moscova.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dignidade e xurisdición territorial do xefe espiritual da Igrexa Rusa. A sé de Moscova foi erixida en patriarcado en 1589, polo patriarca de Constantinopla, Xeremías, na persoa do metropolita Xob. Este feito era a culminación do proceso que levou á formulación, no s XVI, da concepción de Moscova como unha terceira Roma.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Moscovia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Procesos celebrados en Moscova en agosto de 1936, en xaneiro de 1937 e en maio de 1938, no que foron xulgados antigos membros do PCUS. Acusados de desviacionismo trotskista, dereitismo, alta traizón e espionaxe, a maioría foron condenados a morte e executados.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acordo asinado en Moscova, o 5 de agosto de 1963, por EE UU, a URSS e Reino Unido, polo que foron prohibidas as probas nucleares efectuadas na atmosfera, no espazo exterior e baixo o mar, pero non as subterráneas.
-
PERSOEIRO
Patriarca da Igrexa Rusa (1943-1944). Ocupou diversos cargos e en 1943, coa autorización do goberno, puido ser elixido patriarca. Intentou sempre mellorar as relacións da Igrexa Rusa co goberno soviético, actitude que moitos atilaron de subxección ao réxime comunista.
VER O DETALLE DO TERMO