"Mosquera" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 27.

  • GALICIA

    Militar. Emigrou a Arxentina e en 1804 ingresou no exército. Participou nas campañas de defensa da cidade de Montevideo e, unha vez que triunfou a Revolución de Maio de 1810, colaborou co xeneral arxentino Carlos María de Alvear no sitio e na rendición da cidade de Montevideo (1814). Posteriormente, viaxou a Carmen del Río Negro, na Patagonia, para loitar contra os partidarios do dominio español e pola independencia arxentina. En 1815 ascendérono a subtenente da IV compañía do batallón II do rexemento número 8, ao mando da que loitou nas batallas de Chacabuco (2 de novembro de 1817) e Maipú (5 de abril de 1818). En 1819 ascendérono a capitán e, pouco tempo despois, nomeárono tenente primeiro co grao de capitán do estado maior da praza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintora. Estudiou debuxo e pintura en Madrid. Participou en exposicións en Lugo, Santiago de Compostela e Madrid. Entre os galardóns que recibiu destaca a terceira medalla do XXX Salón de Otoño (Madrid, 1959).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Foi catedrático de Latín e Humanidades, de Retórica e Poética e de Perfección de Latín y Principios Generales de la Literatura. Traduciu ao galego a oda “Beatus ille” de Horacio e a súa obra foi recollida postumamente en Poesías de José García Mosquera (1948).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Sacerdote. Director do Museo Diocesano de Lugo. Licenciado en Teoloxía pola Universidad Pontificia de Salamanca, foi profesor de seminario (1952-1990). Traballou na recollida de pezas artísticas da diocese lucense. Colaborou en El Progreso, Boletín da Comisión Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Lugo e Lucensia. Escribiu Avelino González López, sacerdote según el corazón de Jesús (1964), El apóstol de Galicia, Ramón María García Abad (1966), Pequeña historia de cinco lucenses ilustres (1997) e Vida popular (y novena) de San Froilán, patrono de Lugo (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Apelido galego que se asentou na Casa de Lodoira, Mesía. Outras casas importantes foron as de Vilariño (Piñor de Cea), Ourense, Vilariño de Conso e Baiona. Estendeuse por terras ourensás de Castrelo e Valdeorras e polas terras lucenses de Taboada e Palas de Rei.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista, produtora e realizadora cinematográfica. Licenciouse en Interpretación na Real Escuela Superior de Arte Dramático de Madrid e realizou moitos traballos como guionista e responsable de programas de televisión de Canal +, como La noche +   corta ou Especial Piezas. Tamén dirixiu curtametraxes, como a comedia A todo tren (1995), e participou como guionista de Planeta extraño (1997), onde tamén actuou. No filme Amores (1994) rodou o capítulo “Sopa de cucarachas”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Debuxante e humorista. Coñecida como Sex, foi unha das primeiras mulleres que realizou humor gráfico en xornais e publicacións en España. Destacan as súas colaboracións en La Voz de Galicia e a creación do seu personaxe “Sir Ope de Buxo”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Dirixiu La Unión (1886) e foi redactor de El Ciclón (1899), de Pontevedra. Obtivo diversos premios en certames rexionais, un deles pola poesía costumista Os feitizos y-os meigallos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político e escritor, fillo de Tomé María Mosquera García. Foi deputado polo Carballiño en 1886. Publicou diversos poemas no xornal El Heraldo Gallego, entre os que destacan “Anacreóntica al uso”, “El conde Fullero” e “La calabaza”. En 1884 estrenou o monólogo dramático Antes del baile.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. De raíces expresionistas, comezou a utilizar materiais non pitóricos e evolucionou cara á composición de instalacións. Nelas, recreou a escenografía das paisaxes e comezou a búsqueda da cor e utilización de materiais ensamblados. Realizou tamén carpetas de gravados, ensamblaxes e caixas-colaxe, obras derivadas do construtivismo. En 1980 fundou, xunto a Ignacio Basallo, a primeira asociación sindical de artistas plásticos de Galicia. Da súa obra destaca Vela (1982), Pozzu Cangiari’na testa no tutti i testi (1990) e a serie A Revolta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político e avogado. Foi deputado (1869-1873), senador (1881-1882) e ministro de Ultramar (1871-1873), de Graza e Xustiza (1871) e de Fomento (1874). Desde 1883 foi senador vitalicio e formou parte do Consello do Estado desde 1888. Firmou o proxecto de lei que aboliu a escravitude en Puerto Rico. Defensor da democracia e partidario do sufraxio universal, interesouse pola lei hipotecaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Comezou a súa formación da man de Román Navarro e en 1920 trasladouse a Madrid onde acadou unha praza no corpo técnico de Aduanas do Estado español. Alí coñeceu o ambiente artístico e en 1927 realizou a súa primeira viaxe a París, onde coñeceu a pintura máis vangardista. De volta a Madrid participou nos certames oficiais e obtivo a terceira medalla da Exposición Nacional de 1941 por Desnudos, a segunda medalla na mostra de 1943 por Desnudo e a primeira medalla en 1945 por Disfraces. Foi profesor na Escuela de Bellas Artes de Madrid e pertenceu á Junta de Valoración de Importación e Exportación de Obras de Arte do Museo del Prado. Cultivou o bodegón, o nu e a paisaxe e destacou como retratista. Os seus retratos amosan, en ocasións, unha composición clásica e, noutras, unha estrutura máis dinámica. Neles acadou a personalidade do retratado, personaxes procedentes do mundo da ciencia e da cultura e do seu ámbito familiar e persoal. Destacan os de María...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Avogado. Fundou e dirixiu a Revista Compostelana e publicou Derecho civil. Tratado de la sucesión testamentaria (1883).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso franciscano. Dirixiu o colexio seráfico de Herbón (Padrón), antes de trasladarse a Santiago de Compostela. Nesta cidade recibiu un premio literario no certame en honor a san Francisco (1909) pola obra La impresión de las llagas en el cuerpo de San Francisco. Colaborou na sección científica da publicación El Eco Franciscano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor, fillo de Luís Mosquera Gómez. A súa pintura pode cualificarse como realista, aínda que recorre á subxectividade e engade simboloxías á obra. En canto á temática, mestura a tradición coa actualidade. Da súa obra destaca Nocturno (1994).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Profesor. A súa actividade e entrega á causa galeguista centrouse no aspecto artístico, nas iniciativas culturais e na política. Dirixiu o grupo de teatro Cativezas (1923-1925). De 1932 a 1936 popularizou o famoso personaxe de O vello dos contos, do que se valeu para desenvolver un labor cultural importante na emisora santiaguesa Unión Radio Galicia e para facer campaña a favor do Estatuto de Galicia de 1936. No período de posguerra centrouse en recuperar a figura de Rosalía de Castro, e mesmo promocionou a creación do Patronato, do que foi presidente. En 1952 foi elixido membro correspondente da Real Academia Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Profesor. Publicou Legitimidad de la Reina de españa Dª Isabel II de Borbón (1855) e diversos tratados didácticos, como Ábaco aritmético o nuevo sistema de cálculo numérico y en gran parte mecánico (1864),   Redutor métrico y dicionario metrológico en español, inglés y norteamericano (1873) e Redutor métrico (de tipos y precios), seguido de un dicionario metrológico (1876).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Sindicalista. Foi un dos primeiros membros da Unión Sindical Obrera (1966-1967). Foi deputado no Parlamento galego polo PSOE (1985-1988) e secretario xeral da UGT desde 1980. Participou na creación e constitución do Consello Sindical Interrexional Galicia-Norte de Portugal e da Fundación para a defensa do Consumidor (FUNDECO), e impulsou a formación da Fundación Luís Tilve (1989).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Roberto Luis Moskowich-Spiegel Pan.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Compositor. Obtivo o título de frauta no Conservatorio Superior de Música da Coruña. Foi membro fundador de distintos grupos musicais, como Talea (1986), e da Asociación Galega de Compositores (1987). Da súa produción destacan obras como a música para a obra dramática Edipo Rei (1983), Fotosíntese (1985), Plaint for García Lorca (1986) ou Tres pezas para quinteto de vento (1988).

    VER O DETALLE DO TERMO