"Muñiz" (Contén)

Mostrando 16 resultados de 16.

  • Estado do organismo que é consecuencia da introdución dun novo aloantíxeno celular ou plasmático. Pódese producir no embarazo (aloinmunización feto-materna), por unha transfusión sanguínea ou pola implantación dun enxerto orgánico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Inmunización producida pola autoinmunidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor e crítico de arte. Licenciado en Belas Artes pola facultade de San Fernando de Madrid en 1991, doutorouse na facultade de Pontevedra. Estudiou técnicas de gravado en Berkeley (EE UU), fotografía no Centro de Estudios de la Imagen, en Madrid, e litografía na Universidad Menéndez Pelayo de Santander. As súas realizacións móvense dentro do conceptualismo e da abstracción. Entre as súas obras destaca Descubrimento dos novos fractais (1993), Forma orgánica con signo (1993) e a serie de xerografías Nós conservamos a natureza (1997). Exerceu como crítico de arte no xornal El Ideal Gallego. Foi galardoado, entre outros, no Certamen Nacional de Pintura del Ayuntamiento de Madrid (1989), na Bienal Internacional As Balconadas de Betanzos (1992) e no Certamen Nacional de Pintura Ademar Champagnat, en Vigo (1995).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de inmunizar ou inmunizarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou o que inmuniza.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer inmune algo ou a alguén.

    2. Facerse inmune.

    3. Provocar no organismo a inmunidade activa ou pasiva.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Formación de anticorpos con antíxenos doutros individuos da mesma especie.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Os seus traballos en prosa e verso foron publicados en diversos xornais, e a súa poesía “A nosa paisaniña a señora doña Josefa M. de E. nos seus días” está recollida no Album de la Caridad.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso. Doutor en Teoloxía, foi cóengo en Santiago de Compostela. Escribiu o tratado relixioso Patronato universal de los reyes de España (1907).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que leva, en campo de azul, cinco estrelas de ouro, colocadas en aspa; bordo de prata, chea. Outra variante trae, en campo de azul, cinco estrelas de ouro colocadas en cruz; bordo de prata cargada de oito pintas de armiños de sable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe de orixe galega que trae como armas, en campo de goles, unha torre coa súa homenaxe e unha cadea saíndo polos flancos da homenaxe, ata os pescozos de dous cans, sentados nos flancos da torre, enfrontados sobre unha terraza de sinople.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Compositor e director de orquestra. Estudou música e foi profesor da Banda Municipal de Santiago de Compostela e director da Orquestra Compostela. Compuxo numerosas obras musicais e recibiu a Medalla Galicia de bronce (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo. A súa obra, crítica e renovadora, intégrase entre o naturalismo e o expresionismo. Da súa produción destacan Telarañas (1955), El tintero (1961) e Tragicomedia del Serenísimo Príncipe don Carlos (1974).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo de León e arcebispo de Santiago de Compostela (1206-1224). Continuou as reformas administrativas e do réxime da diocese que iniciara o seu antecesor Pedro Suárez de Deza. Durante o seu arcebispado tivo lugar a consagración da catedral de Santiago de Compostela (1211).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Comerciante. Foi vicepresidente da Real Junta de Comercio da Coruña e censor rexio na Coruña. Escribiu Discurso que en la apertura de los exámenes públicos de los alumnos de las Escuelas que costea la Real Junta de Comercio de La Coruña pronunció D... (1835).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello que pertence á comarca da Fonsagrada, situado no L da provincia de Lugo e da Comunidade Autónoma de Galicia ( 43° 07’ 10’’ latitude N e 6° 53’ lonxitude O). Limita ao N, S e L con Asturias e ao O co concello da Fonsagrada (comarca da Fonsagrada). Abrangue unha superficie de 72,3 km 2 , cunha poboación de 222 h (2007), distribuídos nas parroquias de Barcela, Marentes, Negueira, Ouviaño, Río de Porto e San Pedro de Ernes. A súa capital é o núcleo de Negueira localizado a 94 km da capital provincial. Algunhas das parroquias teñen entidades en territorio asturiano, que contan, así mesmo, coa advocación parroquial correspondente. Depende do partido xudicial da Fonsagrada.
    Xeografía física
    O relevo caracterízase por ser moi accidentado, con elevados cumios de máis de 1.000 m, e pola presenza do estreito val do Navia onde se construíu o encoro de Salime na década de 1960. O substrato xeolóxico, de lousas e xistos, foi rexuvenecido pola oroxenia alpina,...

    VER O DETALLE DO TERMO