Castro Muñiz, José

Castro Muñiz, José

Pintor e crítico de arte. Licenciado en Belas Artes pola facultade de San Fernando de Madrid en 1991, doutorouse na facultade de Pontevedra. Estudiou técnicas de gravado en Berkeley (EE UU), fotografía no Centro de Estudios de la Imagen, en Madrid, e litografía na Universidad Menéndez Pelayo de Santander. As súas realizacións móvense dentro do conceptualismo e da abstracción. Entre as súas obras destaca Descubrimento dos novos fractais (1993), Forma orgánica con signo (1993) e a serie de xerografías Nós conservamos a natureza (1997). Exerceu como crítico de arte no xornal El Ideal Gallego. Foi galardoado, entre outros, no Certamen Nacional de Pintura del Ayuntamiento de Madrid (1989), na Bienal Internacional As Balconadas de Betanzos (1992) e no Certamen Nacional de Pintura Ademar Champagnat, en Vigo (1995).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Ponteceso