"Munster" (Contén)
Mostrando 7 resultados de 7.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Irlanda (24.674 km2; 1.033.903 h [1996]). Comprende os condados de An Clár, Corcaigh, Ciarraí, Luimneach, Port Láirge, Tiobraid Arann e Tiobraid.
-
CIDADES
Cidade do land de Renania do Norte-Westfalia, Alemaña (264.670 h [2000]). É o centro rexional dunha rica rexión agrícola que envía os seus produtos á conca do Ruhr. Xurdida arredor dun mosteiro, foi erixida en sé episcopal por Carlomagno (802), e no s XIII entrou na Liga Hanseática. Foi posesión da Reforma a partir de 1529, e centro dun singular experimento político-relixioso ata que, asediada polo bispo Franz von Waldeck (1535), volveu ao catolicismo. En 1803 pasou a formar parte de Prusia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de conversas preliminares para poñer fin á Guerra dos Trinta Anos, celebradas en Münster e, simultaneamente en Osnabrück. Iniciáronse en 1643, pero non foron efectivas ata 1645. O resultado destas conversas foi a Paz de Münster, seguida dos tratados de Münster e de Osnabrück, un conxunto de acordos coñecido co nome de Paz de Westfalia (1648).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tratado de paz asinado en 1648 entre a monarquía hispánica e as Provincias Unidas de Holanda. Inclúese na Paz de Westfalia.
-
PERSOEIRO
Cosmógrafo alemán. Estudou matemáticas e teoloxía en Basilea. Freire franciscano, uniuse máis tarde á Reforma. É autor da Cosmographia Universalis, publicada en Basilea (1544).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Psicólogo e filósofo alemán. Foi un dos primeiros que empregou métodos psicométricos en psicoloxía. Como psicólogo intentou unha síntese entre a psicoloxía científica e a doutrina de Fichte. Entre as súas obras destacan Der Ursprung der Sittlichkeit (A orixe da moral, 1889), Beiträge zur experimentellen Psychologie (Contribucións á psicoloxía experimental, 1889-1892) e Psychology and Life (1899).
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade situada no land de Slesvig-Holstein, Alemaña (80.600 h [1990]). O seu nome provén dun mosteiro do s XII e é un centro importante de comunicacións e de industrias téxtiles.
VER O DETALLE DO TERMO