Münster, Conferencia de
Münster, Conferencia de
Conxunto de conversas preliminares para poñer fin á Guerra dos Trinta Anos, celebradas en Münster e, simultaneamente en Osnabrück. Iniciáronse en 1643, pero non foron efectivas ata 1645. O resultado destas conversas foi a Paz de Münster, seguida dos tratados de Münster e de Osnabrück, un conxunto de acordos coñecido co nome de Paz de Westfalia (1648).