"Muras" (Contén)
Mostrando 5 resultados de 5.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que leva escudo cuarteado por unha cruz, de ouro, semellante á da orde de san Xoán: primeiro cuartel, de sinople, con dous castelos, de pedra, e saíndo das torres de homenaxe dos castelos, un brazo armado, de prata, cunha espada do mesmo metal, na man; segundo cuartel, en campo de azul, con dous crecentes tornados, de prata, rodeados de doce estrelas, de ouro; terceiro cuartel, de prata, cun león rampante, de goles, armado de ouro; cuarto cuartel, de sinople, cunha caldeira, de ouro.
-
PARROQUIA
Parroquia baixo a advocación de san Pedro que dá nome ao concello de Muras, onde se atopa a capital municipal, no lugar homónimo.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Concello da comarca de Terra Chá, situado na provincia de Lugo no N da Comunidade Autónoma de Galicia, a 4° 27’ 30’’ de latitude N e 7° 43’ 20’’ de lonxitude O. Limita ao N co concello de Ourol (comarca da Mariña Occidental), ao L cos do Valadouro (comarca da Mariña Central) e Abadín (comarca de Terra Chá), ao S cos de Vilalba e Xermade (comarca de Terra Chá), e ao O cos de Mañón (comarca de Ortegal) e As Pontes de García Rodríguez (comarca de Eume). Abrangue unha superficie de 163,8 km 2 , en que acolle unha poboación de 891 h (2007), distribuídos nas parroquias de Ambosores, A Balsa, O Burgo, Irixoa, Muras, Silán, O Sisto e O Viveiró. A capital está no lugar de Muras, situada na parroquia homónima, localizada a 133 km de Santiago de Compostela e a 62 km de Lugo. Está adscrito á diocese de Mondoñedo-Ferrol e ao partido xudicial de Vilalba.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
O territorio caracterízase polo seu relevo moi accidentado, onde predominan os xistos na súa... -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada sobre o río Eume, ao seu paso polas parroquias de Muras e O Burgo (Muras). Ergueuse no século XIX en cantaría e presenta un único arco, de medio punto.
-
PERSOEIRO
Escritora xaponesa. Coñécese como a primeira escritora do mundo, e, sobre todo, como a autora da novela Genji monogatari (Historia do príncipe Genji, 1005-1008), considerada a obra máis importante da narrativa xaponesa clásica.
VER O DETALLE DO TERMO