"Muruá" (Contén)
Mostrando 7 resultados de 7.
-
PERSOEIRO
Xornalista e escritor. Comezou a carreira de filoloxía románica na Universidade de Santiago de Compostela, estudios que abandonou para ingresar na Escuela de Periodismo de la Iglesia en Madrid. O seu primeiro traballo xornalístico desenvolveuse no Diario SP. Da man de Raimundo García Rodríguez, Borobó, entrou a formar parte da revista Chan como redactor, e ademais, escribiu artigos para o Diario de Noticias Médicas. Posteriormente, colaborou na revista Triunfo e noutras publicacións como Actualidad Económica ou Gaceta Universitaria. Xunto co editor Silverio Cañada, en calidade de director editorial, participou na publicación da Gran Enciclopedia Gallega, que comezou a súa edición en 1974. Traballou no centro da TVE en Galicia e na revista Teima. A partir de 1976 principiou o seu labor como correspondente do xornal El País e como delegado da revista Interviu en Galicia, publicación á que estivo...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Poetisa. Colaborou en diversas revistas e en El Heraldo Gallego. Publicou La letanía lauretana (1878), Penumbras (1880), Romances y cantares (1885), Follatos (1891) e Fe (1911). Foi membro correspondente da Real Academia Galega desde 1907.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e mestre. Membro do consello editorial da Revista Galega de Educación, foi coordinador, xunto con Gonzalo Navaza, do Dicionario Xerais da Lingua (1986) e director dos libros O libro de Merlín (1985), O noso galego (1985), Nobelos de papel (1988), Ámote, mundo! (1988) e Canles (1989). É coautor do libro Animación á lectura (1992).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da verba dos arxinas ou telleiros que corresponde á voz ‘fronte’.
-
MONTES
Monte situado no L da parroquia de Caraño (Pol). O seu cumio acada os 777 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor e xornalista. Colaborador dos periódicos El Deber, La Paz ou El Lérez, fundou en Pontevedra o semanario El Independiente (1881-1882) e foi un dos impulsores da prensa diaria en Galicia. Caracterizado polo seu costumismo e imaxinación, da súa composición poética destacan Cantos inarmónicos (1874) e diversos poemas en galego, como “Unha de paus”, “O bautizo”, “O enterro” e “Cousas de mozos”. Cultivou tamén o teatro co drama La hija del timonel (1878) e a zarzuela con Percances de un viejo verde. O himno A Galicia foi premiado en Pontevedra (1880).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Avogado e escritor. Colaborou en diversos xornais, como La Ilustración Gallega e El Heraldo Gallego (1874-1880). Destacou tamén polo seu labor de crítico literario, sobre todo por una tensa polémica que mantivo con Clarín. Das súas obras destacan Cuentos soporíferos (1874), Semblanzas galicianas (1876) e Semblanzas (2ª edición, 1884).
VER O DETALLE DO TERMO