"Museo Provincial de Lugo" (Contén)

Mostrando 2 resultados de 2.

  • Divulgado polo servizo de publicacións da Deputación Provincial de Lugo, apareceu en 1983. O primeiro tomo rendía homenaxe a Manuel Vázquez Seijas, director honorario perpetuo do museo, e a Luís Gómez Pacios. Nas case trescentas páxinas que ocupaba podíanse ler unha gran variedade de traballos de carácter científico ou cultural, asinados por xente como Xosé Trapero Pardo, Felipe Arias Vilas, María Elena Varela Arias ou Jaime Delgado Gómez. Incluíu seccións como “Estudos”, con traballos de fondo extensos; “Varia”, a xeito de noticiario breve; “Noticiario del museo”, que incluía estudios e descricións de pezas novas ou en revisión, e “Bibliografía”, todas cunha presentación moi coidada. No prólogo do primeiro número afirmaban que se trataba dun órgano de expresión científica e cultural, onde se trataban temas relacionados coa Arte, Historia, Numismática, Epigrafía, Arqueoloxía e Museoloxía. Outra das súas intencións era a de mellorar e ampliar o contido e a forma do seu predecesor: o Boletín...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo creado pola Deputación Provincial de Lugo en 1932. Instalado nunha das ás do palacio provincial de San Marcos, en 1957 trasladouse ao antigo convento de San Francisco, ocupando o claustro, o refectorio e a cociña, e un edificio de nova planta creado por Manuel Gómez Román, posteriormente ampliado. A antiga igrexa conventual converteuse na parroquial de San Pedro de Lugo. Conta cunha importante colección de arte sacra, ourivaría, obxectos e artesanía tradicional, así como seccións monográficas dedicadas á prehistoria, arqueoloxía, belas artes, etnografía e ás artes suntuarias lucenses. Pertence ao Consello Galego de Museos. Foi declarado Ben de Interese Cultural en 1962.

    VER O DETALLE DO TERMO