"Nóvoa" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 29.

  • PERSOEIRO

    Xornalista. Colaborou en El Eco de Orense, de Valentín Lamas Carvajal, na sección “Mostacillas”, no que permaneceu ata 1894 para pasar despois a El Noticiero. Fundou e dirixiu en Ourense as revistas literarias As Burgas e El Miño. A súa produción está espallada por numerosas publicacións da época.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e xornalista. Procedente dunha familia de ascendencia galega, chegou a Ourense en 1892, onde comezou unha intensa actividade nos medios xornalísticos (El Diario de Orense, La Defensa de Galicia, El Derecho, El Noticiero e As Burgas). En 1896 fundou e dirixiu o semanario satírico La Bruja. En 1909, marchou a Lisboa onde abriu un estudo de fotografía que trasladou, en 1910, a Río de Xaneiro. Alí participou na vida social e na actividade xornalística da comunidade galega. En Bos Aires fundou con Fortunato Cruces La Voz de Galicia (1913) e en 1915 volveu a Ourense e iniciou a súa segunda etapa xornalística na cidade en La Voz Pública, El Miño, onde mantivo a célebre sección “Agujetas”, e La Región. En 1923, ocupou o cargo de director do Diario de Orense, e colaborou como correspondente de El Sol, de Madrid. A partir de 1925 tivo que abandonar calquera actividade relacionada coa literatura e co xornalismo...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Frade agostiño. Realizou estudios en Manila ata ordenarse sacerdote (1862), sendo destinado a Pamponga. Foi nomeado Rector do Colexio de La Vid (1873) e do de Valladolid (1877). No 1886 marchou de novo ás Filipinas, onde se encargou das parroquias de Bacolor e Candaba ata a súa morte. Escribiu Relación nominal de todos los religiosos que han profesado en el Real Colegio Seminario de Valladolid y La Vid, pertenecientes a la Provincia del Dulcísimo Nombre de Jesús, de Agustinos calzados de Filipinas (Guadalupe) e Documentos y estados relativos al Real Colegio Seminario de Agustinos filipinos de Valladolid

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xestor musical. Realizou estudios de enxeñería agrónoma na Escola Superior de Enxeñeiros Agrónomos de València e estudios musicais no Conservatorio Superior de Música de València. Exerceu a crítica musical como correspondente da revista Monsalvat e formou parte do xurado nos concursos de canto Premio-Beca Katia Ricciarelli de Mantova, Concurso Internacional de G. Lauri-Volpi de Latina, Concurso Internacional de canto Alfredo Kraus, entre outros. Foi vicepresidente da Sociedad Filarmónica de València, secretario técnico da Orquestra Municipal de València (1985-1992), subdirector de Música do Palau da Música de València, director da área de música do Instituto valenciano de Artes Escénicas, Cinematografía e Música (1987-1989), director do Palau de la Música i Congressos de València (1993-1997) e director técnico da Orquesta y Coro Nacionales de España ata o ano 2000, data en que foi nomeado director do Teatro de la Zarzuela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arquitecto. Discípulo de Gabriel de Las Casas, rematou o claustro da catedral de Lugo (1709-1714) que comezara en 1705 o seu mestre. Nesas datas deseñou os púlpitos desta catedral, fundidos en Santiago de Compostela polo broncista francés Miguel Jardines en 1712. En 1711 foi nomeado mestre de obras da catedral compostelá e recibiu o encargo de terminar as obras que Domingo Antonio de Andrade deixara inacabadas: a Casa da Conga e a sancristía da catedral que, baixo a advocación da Virxe do Pilar, se converteu na capela funeraria do arcebispo Monroy (1713-1724). Así mesmo, co obxecto de embelecer o empalme entre a fachada do Tesouro e o lenzo meridional do claustro da catedral, erixiu entre 1717 e 1720 unha fachada coñecida como o Esconce de Praterías. Por iniciativa de Monroy ampliou o Colexio das Orfas de Santiago (1711), reemprendeu a obra da igrexa das Capuchinas da Coruña e probablemente trazou o campanario do convento de San Domingos de Betanzos (1714-1715). En 1727 proxectou a reconstrución...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurista e político. Bolseiro no Seminario Conciliar de San Fernando de Ourense, abandonou a carreira eclesiástica para formarse en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Foi promotor fiscal do xulgado de Ourense (1847) e do de Lugo. Foi xuíz en León, Toledo e Madrid, e maxistrado da Audiencia de Albacete (1866) e de Pamplona (1870). En 1863 presentouse ás eleccións por Celanova, aínda que decidiu retirarse antes de producirse a elección. Foi deputado por Ourense pola Unión Liberal (1864-1865). Tras unha breve traxectoria política, volveu á vida xurídica como xuíz de instrución do distrito do Palacio da Corte e despois do Palacio de Toledo. En 1868 foi presidente da Audiencia de Puerto Rico, cargo que non aceptou e cambiou polo de presidente da Audiencia Territorial de Granada. En 1860 recibiu a Encomenda de Isabel a Católica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Farmacéutico. Exerceu a profesión en Pontedeume e foi presidente do Colexio de Farmacéuticos da Coruña. Á parte de numerosos artigos de carácter científico, publicou La constante de Ambard (1926), obra na que plasma os seus traballos sobre esta constante, que relaciona a existencia de urea no sangue coa presente nos ouriños.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe galega con orixe en Ribadavia. Trae como armas, en campo de azul, unha torre redonda de pedra, superada por unha aguia de sable, picada e membrada de goles. Outra variante presenta, en campo de azul, unha torre redonda de pedra, superada por media aguia, de sable, coronada de ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor. Os seus referentes plásticos iniciais foron Henry Moore, Brâncuşi e posteriormente Julio González. Interesouse pola técnica da soldadura na escultura en ferro para trasladala á madeira, mediante a ensamblaxe a partir dun tronco principal, cun sentido construtivo parecido ao que se utiliza para a carpintaría tradicional. A súa carreira artística iniciouse a comezos da década de 1970 con escultura figurativa en madeira. Posteriormente traballou con fragmentos de taboleiros e vigas estragados que reciclaba e manipulaba lixeiramente, para superpoñelos e encaixalos nunha nova linguaxe de signo abstracto. Formou parte da renovación plástica de Galicia na década de 1980, e a presentación da súa obra fíxose a través do Grupo Atlántica. Iniciou entón unha proposta plástica inspirada no mundo autóctono e artesanal para o que recolleu trebellos agrícolas que reinterpretou con leves intervencións. A utilización de materiais de refugallo combinouse co emprego da madeira, ás veces ensamblada...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Política e psicóloga. Foi deputada nas Cortes por Ourense polo PSdeG-PSOE entre a III e a VI lexislaturas (1986-2000) e senadora pola mesma cidade na VII lexislatura (2000-2004). Pertenceu á comisión executiva galega do PSdeG-PSOE e foi coordinadora provincial do partido en Ourense.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Emigrou a Arxentina, onde fundou e dirixiu as revistas Galicia Literaria, Galicia en América e Aires da miña terra, e colaborou en numerosas revistas e publicacións arxentinas e españolas como El Porvenir, El Libredón, El Ciclón e El Huracán. Publicou a obra teatral A volta da romería de Santa Xusta. Foi membro correspondente da Real Academia Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Soprano. Estudou piano en Galicia, canto no Conservatorio Superior de Música de Madrid e ampliou estudos con Monserrat Caballé, Danielle Ferro e Ian Baar. Profesora de canto no Conservatorio Superior de Música de Vigo desde 1992, o seu repertorio abrangue desde a música barroca ata a contemporánea. Formou parte da banda sonora do filme El rey pasmado (1992) e gravou para a CRTVG o programa O son dos clásicos e dous concertos pola celebración do Xacobeo’99. Participou no Festival Are More de Vigo en 2000 e 2002 e interpretou papeis protagonistas na ópera La Dolores, de T. Bretón, e na zarzuela La bruja, do mestre Chapí. Recibiu o Premio Nacional de Música (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Artista plástico. Emigrou coa súa familia en 1938 a Uruguay, onde estudou arquitectura. En 1942 iniciouse na arte coa cerámica e cofundou a revista Apex, onde publicou contos, e a que lle permitiu coñecer ao pintor J. Torres García, clave para a súa formación intelectual. A súa obra caracterizouse por unha figuración construtivista de cores planas e carácter costumista en escenas urbanas, rurais ou naturezas mortas. Pouco despois achegouse á abstracción en que lle deu moita importancia ao material ata que evolucionou cara á plenitude da súa obra coa incorporación do espazo e a luz. Trasladouse a Bos Aires (1947) e desde 1953 comezou a expoñer coa axuda de Luís Seoane. Colaborou coa revista Galicia Emigrante, regresou a Montevideo (1957) e traballou en xornalismo. Destacou polos seus murais de grandes dimensións como o do estadio de Montevideo, Mural del Cerro (1962-1964), onde apareceron de forma explícita as características construtivas do artista, cun emprego...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Colaborador de diversos xornais e revistas, como Diario de Pontevedra, El Pueblo Gallego e Faro de Vigo, caracterizouse pola súa sensibilidade lírica. Publicou os libros de poemas Silencio (1932) e El sueño desanclado (1936).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Correspondente de Faro de Vigo e Diario 16, foi administrador do Centro Cultural Municipal de Ponteareas (1982-1990). Foi fundador e presidente do Círculo Lírico Galego e do Círculo Colón Gallego, e membro fundador do Centro Luso-Galaico (1982). Publicou o poemario Tempo e terra. Surcos de hastío (1979) e unha biografía do cómico Ignacio Vidales Tomé (1980).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Profesor mercantil. Funcionario de Correos desde 1966, converteuse en xefe provincial da entidade en Ourense en 1993. En 1968 creou en Ourense o Grupo Academia Postal, da que é director, dedicada nos seus comezos á preparación das oposicións para o ingreso en Correos e diversificada posteriormente nunha formación multidisciplinar. Estendeu o grupo polas sete cidades galegas e polo norte de Portugal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso franciscano. Colaborou en El Eco Franciscano e publicou Regla y Constituciones de los Frailes Menores (1914) e Florecillas de San Francisco de Asís (1915).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico e escritor. Estudou na Universidade de Santiago de Compostela e licenciouse en 1907. Tras doutorarse, traballou no Hospital de Caridad de Teresa Herrera na Coruña, gañou a cátedra de Patoloxía Xeral tanto da Universidade de Santiago de Compostela como a de Madrid, e foi durante estos anos cando realizou moitas das súas investigacións, das que destacan a clasificación que realizou das enfermidades do fígado, o estudo dos reflexos tónico-postulares, o estudo das influencias psicoxénicas sobre o sistema neurovexetativo ou a súa achega para diagnosticar a hidatidose, enfermidade producida pola hidátide. Publicou artigos en revistas tanto nacionais como estranxeiras e varios libros e ensaios, como Documenta pathologica, a célebre Patología general (1916), convertida en obra de referencia na medicina española, Physis y Psyquis (1922), La mujer, nuestro sexto sentido y otros esbozos (1929), o ensaio Significación y devenir del sexo...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso franciscano. Estivo vinculado aos mosteiros de Salamanca e Monforte de Lemos. Da súa obra destacan Epicedio sacro panegírico a las inmortales memorias de la V. M. Sor Manuela de la Trinidad... (1696) e Apología de confesores y predicadores regulares... (1702).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dominicano de orixe galega. Tomou os hábitos no convento abulense de Santo Tomás e foi elixido colexial do Colegio de San Gregorio de Valladolid. Mestre de teoloxía nos conventos de Talavera e Pamplona, foi predicador xeral da súa orde en 1633 e prior dos conventos de Astorga e Pontevedra.

    VER O DETALLE DO TERMO