"NBA" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 36.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ibragim Kunanbajev .
-
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico norteamericano de orixe francesa que iniciou o seu labor artístico no teatro para finalmente asentarse en Hollywood. Dirixiu filmes dramáticos, de intriga policial e westerns interpretados por Hopalong Cassidy e Gene Autry. Posúe unha das filmografías máis longas de todo o cinema americano. Dirixiu, entre outras moitas películas, The iron ring (O anel de ferro, 1917), Diamonds and pearls (Diamantes e perlas, 1918), The trap (A trampa, 1918), The miracle of Manhattan (O milagre de Manhattan, 1921), Men of steel (Homes de aceiro, 1926), Lost squadron (O último escuadrón, 1932), Hotel Haywire (O Hotel Haywire, 1937), The woman of the town (A muller da cidade, 1943), Texas masquerade (Mascarada de Texas, 1944), Dangerous adventure (Aventura perigosa, 1947), The old west (O vello Oeste, 1952) e Last of the pony riders (O último dos xinetes, 1953).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Futbolista alemán. O seu dominio do xogo dende a posición de defensa libre organizador valeulle o alcume do Kaiser ‘césar ou emperador’. Co Bayern de Múnic, onde debutou en 1958, conseguiu en tres ocasións a Copa de Europa de clubs campións de Liga (1974, 1975 e 1976) e a Copa Intercontinental (1976). Coa selección da República Federal de Alemaña, da que foi capitán entre 1970 e 1977, proclamouse Campión do Mundo (1974) e Campión de Europa (1972), sendo tamén subcampión mundial en Inglaterra (1966). Recibiu o Balón de Ouro como mellor futbolista europeo (1972 e 1976). En 1977 fichou polo Cosmos de Nova York onde permaneceu ata 1980, ano en que volveu a Alemaña para xogar no Hamburgo, equipo co que gañou en 1982 a súa quinta Bundesliga ‘campionato alemán’. Rematada a súa etapa de xogador, converteuse en adestrador, proclamando á selección da República Federal de Alemaña Campiona do Mundo (Italia, 1990). Despois asumiu a presidencia do F. C. Bayern.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Antropólogo. Realizou importantes traballos de Fisioloxía e Anatomía humana, que lle serviron para destacar o valor da anatomía comparada nos estudios de antropoloxía física, ciencia na que se lle pode considerar como un dos seus fundadores. Os seus estudios sobre as diferencias craniométricas entre etnias, permitiulle propoñer a primeira clasificación feita polas razas, e dividir a especie humana en cinco grandes familias: caucásica, mongola, malaia, etíope e americana. Publicou Institutiones Physiologicae (Fundamentos de Fisioloxía, 1787) e Collectionis suae Craniorum Diversarum Gentium Illustratae Decades (Fragmentos ilustrados da súa colección de cranios de diversas razas, 1790-1828), no que describe 60 cranios humanos que emprega para realizar a súa clasificación raciolóxica.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e pintor sudafricano. Activo loitador antiapartheid, no ano 1975 foi acusado de actividades terroristas e condenado a nove anos de cárcere. En 1983 foi liberado e exiliouse a Europa. En lingua africana publicou, entre outros libros, Kouevuur (Gangrena, 1969), Lotus (1970), Voet Skrif (Posdata, 1976) e Seisoen en die Paradys (Estación ao paraíso, 1980). En inglés escribiu True Confessions of an Albino Terrorist (Confesións verdadeiras dun terrorista albino, 1985) e Memory of Snow and of Dust (Memoria da neve e do po, 1989).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Filósofo. Estudiou os problemas epistemolóxicos dentro da liña neorrealista. As súas obras principais son Scientific Thought (O pensamento científico, 1923) e The Mind and its Place in Nature (A mente e o seu lugar na natureza, 1925).
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do estado de Bihār, India, no val do río Dāmodar (815.005 h [1991]). Nesta cidade está a Escola de Minas e Xeoloxía Aplicada e o Instituto Nacional de Investigación Petrolífera.
VER O DETALLE DO TERMO -
REXIÓNS
Rexión hulleira situada entre as repúblicas de Ucraína e de Rusia, na conca setentrional do Don (23.000 km2). Ademais dos grandes depósitos de carbón, hainos de sal e de mercurio, e atopáronse outros de petróleo e gas. Todo isto favorece unha importante industria siderometalúrxica, química e mecánica. Os centros principais son Donets’k, Kommunarsk e Makejevka. Os depósitos de carbón descubríronse arredor do 1721 e comezaron a ser explotados a comezos do s XIX.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta e relixioso franciscano escocés. Escribiu Lament for the Makaris (Lamento por Makaris), con influencias de Villon. Cara ao ano 1500 dedicoulle The Thrissil and the Rois (O cardo e a rosa) ao monarca de Escocia, con motivo do seu casamento con Margarida Tudor. A súa poesía, dentro da tradición de Geoffrey Chaucer, baséase en temas alegóricos e descritivos. Tamén destacan os seus poemas satíricos e conmemorativos, como In Honour of the City of London (En honor á cidade de Londres).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritora austríaca. Describiu a vida da aristocracia vienesa, da pequena burguesía e do mundo campesiño de Moravia. Da súa produción destaca a novela Das Gemeindekind (O neno da comunidade, 1887).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mestre de obras. Foi autor dunha parte da fachada, iniciada en 1277, da catedral de Estrasburgo. Os escritores románticos, sobre todo Goethe, atribuíronlle o proxecto da mesma.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pianista e director alemán. Estudiou en Colonia e en Hamburgo e destacou como intérprete de Mozart e Beethoven. Dende 1973 dedicouse á dirección.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Wolfran von Eschenbach.
-
PERSOEIRO
Físico e matemático norteamericano. Estudiou física no Massachusetts Institute of Technology, no que se doutorou en 1970. Profesor da Rockefeller University, é un dos pais da teoría do caos e descubriu o número que leva o seu nome.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Número irracional, descuberto por M. J. Feigenbaum en 1975, de utilidade comparable aos números e, π e C (número de Euler). O valor desta constante universal é δ= 4,66920160910...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á escola xurídica fundada por A ḥ mad ibn Ḥ anbal no s XI, unha das catro ortodoxias do Islam. Admite recorrer ao xuízo persoal só en casos de absoluta necesidade.
-
PERSOEIRO
Pintor e miniaturista flamengo. Atribúeselle a ilustración do libro de horas Hortulus animae. Introduciu na miniatura a decoración de flores e insectos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta en lingua kazakho. Asinou co pseudónimo de Abaj Kunanbajev e foi un dos creadores da literatura nacional de Kazakhastán, que enriqueceu con traducións dos clásicos rusos e con libros de poemas inspirados nas paisaxes e costumes da súa terra.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Centro de bacharelato, dependente do ministerio de Educación e Ciencia, creado a partir da Lei Xeral de Educación (1970), que contemplaba no capítulo VI as denominadas modalidades de ensino, coa finalidade de ofrecer oportunidades de proseguir estudios aos que non puidesen asistir regularmente aos centros ordinarios ou seguir os calendarios e horarios regulares (artigo 47).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo nome da cidade de Pequín.