Dunbar, William

Dunbar, William

Poeta e relixioso franciscano escocés. Escribiu Lament for the Makaris (Lamento por Makaris), con influencias de Villon. Cara ao ano 1500 dedicoulle The Thrissil and the Rois (O cardo e a rosa) ao monarca de Escocia, con motivo do seu casamento con Margarida Tudor. A súa poesía, dentro da tradición de Geoffrey Chaucer, baséase en temas alegóricos e descritivos. Tamén destacan os seus poemas satíricos e conmemorativos, como In Honour of the City of London (En honor á cidade de Londres).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : East Lothian

  • Deceso