"Nabis" (Contén)
Mostrando 4 resultados de 4.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de herbáceas da familia das cannabáceas ao que pertence o cánabo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estado producido polo feito de fumar ou inxerir resinas contidas en flores e follas do cánabo, chamadas comunmente haxix ou marihuana, que teñen como un dos principios activos máis importantes o delta-9-tetrahidrocannabinol. Segundo a dose e o estado psíquico do suxeito pódense dar situacións de euforia, alucinacións pracenteiras a miúdo eróticas, sensación da prolongación do tempo, percepción de embriaguez e tamén estados de confusión e ansiedade e, mesmo, delirios e exacerbacións de enfermidades mentais preexistentes como a esquizofrenia. Pódese alterar a coordinación psicomotriz e verse afectada a condución de vehículos e o manexo de máquinas; a memoria diminúe e a aprendizaxe retárdase. Ademais, hai posibilidade de alteracións vexetativas como hipotensión, hipotermia, bradicardia e depresión respiratoria. A intoxicación crónica pode asociarse a cambios de conduta e ocasionar situacións extremas de falta de motivación e apatía. Pode crear dependencia física e, en mulleres...
-
PERSOEIRO
Rei de Esparta (206 a C-192 a C), fillo e, probablemente, sucesor do monarca Demarato. Volveu reorganizar a potencia militar espartana para combater na Liga Aquea pero non o conseguiu. Os seus intentos de efectuar unha revolución social violenta non foron aceptados e morreu vítima dun golpe de estado.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Sociedade multinacional estadounidense que xurdiu da unión de RJ Reynolds e Nabisco Brands en 1985. A primeira tomou o control da segunda, que era unha empresa tabaqueira, creada en 1875. Estendeu as súas actividades ao sector alimentario incrementado coa entrada en Nabisco Brands.