"Nabuco" (Contén)
Mostrando 3 resultados de 3.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ópera en catro actos estreada no Teatro alla Scala de Milán o 9 de marzo de 1842. Con música de Giuseppe Verdi e baseado no drama Nabuchodonosor presentado en París en 1836, da autoría de Anicète Bourgeois e Francis Cornue, narra a derrota do pobo hebreo no seu enfrontamento cos babilonios. Do conxunto da ópera destaca o coro de escravos hebreos Va pensiero.
-
PERSOEIRO
Rei de Isin (1124-1103 a C). Reinou sobre Babilonia e o sur de Mesopotamia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Babilonia (605-562 a C), fillo de Nabopolasar. Foi o soberano máis destacado da dinastía caldea. En nome do seu pai, derrotou o faraón Nekao II en Karkemis (605) e a súa política exterior orientouse cara a Siria e Palestina, onde obtivo grandes éxitos sobre os reis locais. En política interior emprendeu grandes construcións e protexeu as artes e a literatura.
VER O DETALLE DO TERMO