Nabuco
Nabuco
[MÚS]
Ópera en catro actos estreada no Teatro alla Scala de Milán o 9 de marzo de 1842. Con música de Giuseppe Verdi e baseado no drama Nabuchodonosor presentado en París en 1836, da autoría de Anicète Bourgeois e Francis Cornue, narra a derrota do pobo hebreo no seu enfrontamento cos babilonios. Do conxunto da ópera destaca o coro de escravos hebreos Va pensiero.