Nabû

Nabû
[MIT]

Divindade mesopotámica que significa ‘o brillante’. Deus dos escribas e da sabedoría, durante o Imperio Neobabilónico (625-538 a C), correspóndese co Thot exipcio. Foi, xunto con Marduk, o deus da dinastía caldea, e era venerado en Borsippa.