"Nairobi" (Contén)

Mostrando 2 resultados de 2.

  • CAPITAIS

    Capital de Kenya e da provincia homónima, situada nun altiplano, a 1.660 m de altitude, ao pé das montañas de Aberdare (2.143.254 h [1999]). Fundouse en 1900 como campamento de base para a construción da liña ferroviaria que unía Uganda con Mombassa, cun aumento demográfico moi importante, pois pasou de 118.976 h en 1948 a superar o medio millón de habitantes en 1970. É un importante centro comercial e administrativo e un núcleo industrial de África oriental. Ten industria metalúrxica, alimentaria, téxtil e de tabaco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Kenya (684 km2; 2.143.254 h [1999]). A capital é Nairobi.

    VER O DETALLE DO TERMO