Robin Hood
Robin Hood
[LIT/IMAX]
Bandoleiro lendario, heroe de antigas baladas inglesas, das que destaca Robin Hood and Guy de Gisborne. As máis antigas, xa perdidas, pertencen aos inicios do s XIV. É o prototipo de aventureiro dos bosques, que loita contra a opresión e a inxustiza. Coa súa historia realizáronse diversas adaptacións cinematográficas, das que destaca a de 1938, The Adventures of Robin Hood, dirixida por M. Curtiz e W. Keighley.