Robespierre, Maximilien-François--Marie-Isidore de

Robespierre, Maximilien-François--Marie-Isidore de

Político e revolucionario francés. Exerceu de avogado en Arrás (1781), onde foi elixido deputado do terceiro estado nos Estados Xerais (1789). Transformados estes en Asemblea Nacional Constituínte, formou parte da oposición democrática. Foi presidente do club dos Xacobinos e impulsou a súa evolución democrática. Opúxose á política belicista dos xirondinos, que cría perigosa ao non estar consolidada a obra revolucionaria do interior do país. En 1792, despois da abolición da monarquía, chegou a ser un dos dirixentes principais da Comuna de París. Elixido deputado na Convención Nacional, dirixiu, xunto con Danton e Marat, a política dos xacobinos. Foi partidario da execución de Luís XVI de Francia, da expulsión dos xirondinos e da creación do Comité de Salvación Pública, do que foi o máximo dirixente. Obtivo o apoio dos sans-culottes. A súa actuación autoritaria fixo que perdera o apoio popular e foi guillotinado o 10 de termidor. Coa súa execución, a burguesía moderada recuperou o control do proceso revolucionario.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Arrás, Artois

  • Deceso

    Lugar : París