robinia
robinia
Nome científico:
[Robinia pseudoacacia, Fam das fabáceas]
s
f
[PLANTA]
Árbore caducifolia, robusta, de ata 25 m de altura, de copa ancha e tronco curto, follas alternas, pecioladas, imparipinnadas, con folíolos ovais e enteiros, estípulas transformadas en espiñas, flores hermafroditas de cor branca, olorosas, agrupadas en acios auxiliares, e froito en legume aplastada. Florece entre abril e xuño. É orixinaria de EE UU. En Galicia é frecuente en parques e xardíns. OBS: Denomínase tamén falsa mimosa.