"Namibia" (Contén)

Mostrando 2 resultados de 2.

  • ENTRADA LARGA

    Estado do SO de África, que limita co Océano Atlántico ao O, con Angola e Zambia ao N, con Bostwana ao L e coa República Sudafricana ao L e ao S (825.118 km2; 1.788.000 h [estim 2001]). A súa capital é Windhoek.
    Xeografía física
    Atravesado polo trópico e situado na fachada occidental africana, o país está case totalmente comprendido dentro das rexións áridas (zona árida). Paralelo á costa atópase un longo barranco que cae verticalmente desde as terras altas do interior á chaira litoral do deserto de Namib. Pódense distinguir tres zonas en dirección N-S: o Namib, unha zona desértica extremadamente árida que se estende ao longo da costa, ao pé do barranco que o limita coas terras interiores; o altiplano central, entre 1.000 e 2.000 m de altitude, que ten grandes chairas onduladas e algunhas rexións montañosas; e a depresión de Kalahari. O aproveitamento das reducidas precipitacións é escaso a causa da grande evaporación, da irregularidade...

    VER O DETALLE DO TERMO