"Nantes" (Contén)
Mostrando 6 resultados de 6.
-
VER O DETALLE DO TERMO
antes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Obra atribuída a Carlos Calixto Bustamante, coñecido como Concolorcorvo. Algunhas investigacións modernas sinalan que foi publicada en Lima e que o autor real é un aventureiro castelán. A obra, concibida como un manual para viaxeiros, presenta as características da novela picaresca e describe unha viaxe entre Bos Aires e Lima.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Sanxenxo baixo a advocación de santa Baia.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital do departamento de Loire Atlántico, na rexión administrativa de País do Loire, Francia, situada na cabeceira do esteiro do Loire (270.251 h [1999]). É unha cidade portuaria e un centro industrial da metalurxia pesada, de contrución naval, da produción alimentaria, dos zapatos e a química, sectores industriais que se estenden cara ao S, e tamén conserva arredor unha área de intensa produción hortícola. A planta urbana sufriu unha intensa remodelación, que foi reforzada despois da Segunda Guerra Mundial. Antiga capital do pobo galo dos namnetes, foi residencia dos reis e despois dos duques de Bretaña, ata a súa unión con Francia (1524). Grazas á súa situación, desde o s XV adquiriu importancia comercial e o apoxeo do porto estivo ligada á explotación de América. Na metade do s XVIII foi a cidade dos negreiros, e este comercio condicionaba a fabricación de téxtiles, augardentes e a elaboración dos produtos que o réxime de exclusividade reservaba á metrópole e que se vendían ao Estado...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Nantes (Sanxenxo). Ten unha planta en forma de escadro con galería aberta e patio con xardíns en que se conservan dous sartegos de granito e os restos da antiga igrexa parroquial.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Edito que puxo fin ás Guerras de Relixión promulgado por Enrique IV de Francia o 13 de abril de 1598. Estableceu a liberdade de consciencia a todo o reino, a liberdade ampliada de culto, o usufruto para os hugonotes de todos os dereitos civís, a creación de cámaras especiais para garantir os dereitos establecidos e o xuramento de 200 prazas coa garantía e posto de seguridade. A súa revogación por parte de Luís XIV o 18 de outubro de 1685, deu lugar á revolta dos camisards (1702-1709).