Euhelopus

Euhelopus
[PALEONT]

Xénero de dinosauros, da familia dos camarasáuridos, de ata 15 m de lonxitude, cabeza pequena con dentes grandes e saíntes, pescozo longo, corpo groso asentado con catro patas grosas e fortes de amplos pés con cinco dedos, e colas longas e grosas na base. O esqueleto presentaba adaptacións para resultar menos pesado como vértebras con grandes cavidades, das que 19 pertencían ao pescozo. A cadeira era de gran tamaño e aparecía firmemente unida á columna vertebral. Propios de finais do Xurásico e comezos do Cretáceo, foron descubertos en China en 1920.