"Navarrete" (Contén)
Mostrando 9 resultados de 9.
-
PERSOEIRO
Actriz e cantante. Coñecida como Estrellita Castro, despois de triunfar no Ateneo Mercantil de Sevilla, percorreu toda Andalucía e Extremadura cun grupo de artistas flamencos e realizou unha xira por España e por América que a levaría a La Habana, lugar no que se exiliou trala Guerra Civil. No seu exilio viaxou a Berlín e rodou nos estudios da UFA, da man de Benito Perojo, algunha das súas películas máis destacadas, como El Barbero de Sevilla, Suspiros de España e Mariquilla Terremoto, as tres producións de 1938. Posteriormente viaxou a Roma e representou un papel en Los hijos de la noche (1939). Intérprete de cancións moi coñecidas como Rocío, María de la O, Mi jaca, Mi tarara, Suspiros de España e Ojos Verdes, participou tamén, entre outros, nos filmes Mi patio andaluz (1933), Rosario la cortijera (1935), Torbellino (1941), Los misterios de Tánger (1942), La niña del patio (1967), La...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mariño. Formado no seminario de Vergara, ingresou na mariña (1780). Dedicado desde 1784 á recuperación de manuscritos e documentos marítimos para o Museo de la Marina de Cádiz, foi o descubridor dos manuscritos das viaxes de C. Colón. É autor dunha Colección de documentos inéditos, Ortografía e Análisis del Quijote: vida de Miguel de Cervantes Saavedra (1834). Membro desde 1792 da Real Academia da Lingua e da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando, da que foi secretario (1815), e desde 1800 da Real Academia de la Historia, da que foi presidente (1824).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Eclesiástico, político e economista. Nos seus discursos criticaba a expulsión dos mouriscos, a creación de morgados, o exceso de tributos e o excesivo número de relixiosos. Publicou Conservación de monarquías y discursos políticos (1626), en que examina as causas da decadencia española, que atribuía fundamentalmente ao abandono da agricultura.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio de La Rioja, situado ao SO de Logroño (2.211 h [2001]). A agricultura e a gandaría son predominantes. Posúe industrias de louza e cerámica. É unha vila de aspecto medieval que cobrou vida despois de que Afonso VIII lle outorgarse foro (1195). Está situado á beira do Camiño Francés de Peregrinación a Santiago.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Catedrático musical e director de coro. Foi director da Coral Universitaria de Madrid e presidente da Comisión de Arte Centro Gallego de Madrid. Autor da tradución de óperas ao galego, das que destacan La seva padrona, Bastián ed Bastiana, Il maestro di música e La represa, foi nomeado Socio de Honor de la Coral Mercedaria de Madrid.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Relixioso dominicano. Foi prefecto das misións dominicanas en China (1664) e atacou as teorías rituais dos misioneiros xesuítas. Foi arcebispo de Santo Domingo (1682) e escribiu Tratados históricos, políticos, étnicos y religiosos (1676) e Controversias antiguas y modernas (1679).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Coñecido como o Mudo, estudou en Italia e criouno Filipe II. Traballou no Real Monasterio de San Lorenzo de El Escorial onde realizou Martirio de san Jaime (1571), Nacimiento de Cristo (1575) e Entierro de san Lorenzo (1579).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Nadadora. Foi campioa de España no estilo de bolboreta en 100 m (1992, 1997 e 2003), 200 m (1997 e 2003) e 500 m (1997). Conseguiu a medalla de ouro en 200 m bolboreta nos Campionatos de Europa de Sevilla (1997) e en 100 m bolboreta na Copa do Mundo de Moscova (1997). Tamén gañou a medalla de prata en 200 m bolboreta na Copa do Mundo de Moscova (1997), nos Campionatos de Europa de Istambul (1999) e na Copa do Mundo de París (2001). Olímpica en Barcelona (1992), Atlanta (1996), Sydney (2000) e Atenas (2004), recibiu a medalla de prata da Real Orden del Mérito Deportivo (1998).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Formouse na Escola de Artes e Oficios da Coruña e, pensionado pola Deputación da Coruña, na Escuela Superior de Bellas Artes de San Fernando de Madrid. Recibiu, entre outros galardóns, o Premio Especial de Paisaxe do I Concurso Provincial de Pintura da Deputación da Coruña en 1962, con Vista de Betanzos, e a terceira medalla en 1963 con Ciudad de las grúas.
VER O DETALLE DO TERMO