Castro Navarrete, Estrella

Castro Navarrete, Estrella

Actriz e cantante. Coñecida como Estrellita Castro, despois de triunfar no Ateneo Mercantil de Sevilla, percorreu toda Andalucía e Extremadura cun grupo de artistas flamencos e realizou unha xira por España e por América que a levaría a La Habana, lugar no que se exiliou trala Guerra Civil. No seu exilio viaxou a Berlín e rodou nos estudios da UFA, da man de Benito Perojo, algunha das súas películas máis destacadas, como El Barbero de Sevilla, Suspiros de España e Mariquilla Terremoto, as tres producións de 1938. Posteriormente viaxou a Roma e representou un papel en Los hijos de la noche (1939). Intérprete de cancións moi coñecidas como Rocío, María de la O, Mi jaca, Mi tarara, Suspiros de España e Ojos Verdes, participou tamén, entre outros, nos filmes Mi patio andaluz (1933), Rosario la cortijera (1935), Torbellino (1941), Los misterios de Tánger (1942), La niña del patio (1967), La Casa de los Martínez (1970) e Casa Flora (1972).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Sevilla

  • Deceso

    Lugar : Madrid