"Nazario" (Contén)
Mostrando 5 resultados de 5.
-
PERSOEIRO
Militar. As súas primeiras accións bélicas tiveron lugar entre 1794 e 1795 na loita contra os franceses e durante a Guerra da Independencia acadou o grao de mariscal de campo. Fernando VII recompensou a súa fidelidade ao absolutismo nomeándoo capitán xeneral de Galicia en 1823. Trasladou a capitanía a Santiago de Compostela e rodeouse de colaboradores fieis ao absolutismo, entre os que destacou Zumalacárregui, gobernador militar de Ferrol. Someteu as forzas liberais mediante unha forte represión e loitou contra as partidas liberais que actuaban en Ourense, preto da fronteira portuguesa; tamén rematou coas partidas establecidas en Valdeorras, dominou a que actuaba na Mezquita e axustizou a Bordas, o seu líder, mentres cortaba as comunicacións internas cos exiliados de Londres e París. O seu antiliberalismo radical manifestouse publicamente nos bandos nos que lles declaraba o seu odio aos inimigos da Soberanía, do Altar e do Trono. Os liberais atentaron contra a súa vida en 1829 ao enviarlle,...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Gaiteiro. Coñecido como Moxenas, foi profesor de gaita e percusión e compositor de pezas para gaita. Formou parte de grupos como Os chavales de Sárdoma, Vento das Cíes, Lembranzas Galegas e Muxicas. Das súas obras destacan Pasodoble de Sárdoma, Cereixas de beade, Foliada para Andrea. Foi nomeado Vigués Distinguido.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo masculino que procede do nome persoal grego Nazários e do latino Nazáreus, de orixe étnica, utilizado en ambientes cristiáns co significado de ‘nazareno, oriúndo de Nazaret’. A súa festividade celébrase o 28 de xullo, ademais do 10 de maio e o 12 de xuño.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Rio de Janeiro 22.9.1977) Futbolista. Coñecido como Ronaldo, debutou con 17 anos na súa selección. Xogou no Cruzeiro, PSV Eindhoven, FC Barcelona, FC Internazionale e Real Madrid CF. Foi medalla de bronce nos Xogos Olímpicos de Atlanta 1996, gañou a Recopa de Europa (1996-1997), a Copa do Rei (1996-1997), a Copa UEFA (1997-1998), a Supercopa de Europa (2002), a Copa Intercontinental (2002), a Liga española (2002-2003) e dúas veces o campionato do mundo (1994 e 2002). Foi premiado co Balón de Ouro en 1997 e 2002.
-
PERSOEIRO
Mártir, fillo de pai xudeu e de santa Perpetua. Educárono no cristianismo e predicou en Milán, onde coñeceu a Celso, co que viaxou a Xenebra e Tréveris. De volta en Milán, morreron ambos os dous durante a persecución de Nerón. A súa festividade celébrase o 28 de xullo.
VER O DETALLE DO TERMO