"Neftalí" (Contén)
Mostrando 3 resultados de 3.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Unha das doce tribos israelitas. O nome deriva do seu epónimo, fillo de Xacob. O seu territorio ocupaba as montañas orientais de Galilea. No esquema xenealóxico dos 12 fillos de Xacob-Israel, Nerftalí figura como o segundo fillo de Balá, a criada de Raquel. Segundo un documento contemporáneo, no s XII a C os homes de Neftalí capitanearon a revolta das tribos contra o dominio das cidades cananeas de Taanac e Megiddo.
-
GALICIA
Xurista e avogado. Foi alcalde de Viana do Bolo polo PP (1963-1999), procurador en Cortes en representación dos concellos de Ourense (1964-1967) e deputado no Congreso na II lexislatura por Coalición Democrática (1982-1986). Abandonou a política en xaneiro de 2002, cando presentou a dimisión como concelleiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta. Coñecido como Pablo Neruda, en lembranza ao poeta checo Jan Neruda, foi cónsul en Madrid e Barcelona e estableceu unha grande amizade cos poetas da Xeración do 27. Partidario do bando republicano na Guerra Civil Española, ingresou no Partido Comunista en 1945. Candidato á presidencia da República de Chile en 1970, renunciou a favor do seu amigo Salvador Allende. Escribiu ao redor de corenta obras, como Veinte poemas de amor y una canción desesperada (1924), Residencia en la tierra (1935), España en el corazón (1937) e Tercera residencia (1947), en que iniciou o seu estilo épico, dunha retórica luminosa e dunha grande agresividade política, que tamén plasmou en Canto general (1950), poema en quince cantos que vai desde a evocación da América precolombina ata a exaltación política actual. Nos volumes de Odas elementales, iniciados en 1954, cantou as cousas máis elementais e cotiás. Tamén cómpre salientar os seus libros...
VER O DETALLE DO TERMO