Reyes Basoalto, Neftalí Ricardo

Reyes Basoalto, Neftalí Ricardo

Poeta. Coñecido como Pablo Neruda, en lembranza ao poeta checo Jan Neruda, foi cónsul en Madrid e Barcelona e estableceu unha grande amizade cos poetas da Xeración do 27. Partidario do bando republicano na Guerra Civil Española, ingresou no Partido Comunista en 1945. Candidato á presidencia da República de Chile en 1970, renunciou a favor do seu amigo Salvador Allende. Escribiu ao redor de corenta obras, como Veinte poemas de amor y una canción desesperada (1924), Residencia en la tierra (1935), España en el corazón (1937) e Tercera residencia (1947), en que iniciou o seu estilo épico, dunha retórica luminosa e dunha grande agresividade política, que tamén plasmou en Canto general (1950), poema en quince cantos que vai desde a evocación da América precolombina ata a exaltación política actual. Nos volumes de Odas elementales, iniciados en 1954, cantou as cousas máis elementais e cotiás. Tamén cómpre salientar os seus libros de memorias, un en verso, Memorial de Isla Negra, en cinco volumes (1964), e outro en prosa, Confieso que he vivido (1974). Foi Premio Lenin da Paz (1953) e Premio Nobel de Literatura (1971).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Parral, Chile

  • Deceso

    Lugar : Santiago