"Neira" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 212.

    1. abruñeiro.

    2. ameixeira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta no fondo da ría de Muros e Noia, pechando polo S a praia da Barquiña, na parroquia de Barro (Noia).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Árbore ou arbusto monoico de ata 25 m de altura, de casca non suberosa. As follas acadan ata 5 cm de lonxitude e son perennes, coriáceas, tomentosas e de beira enteira, dentada ou espiñenta. Presenta flores en amentos que orixinan landras cun caparucho que as cobre ata a metade. A súa madeira é pesada e dura, mala de traballar, pero moi empregada para a elaboración de carbón vexetal. Na Península Ibérica distínguense dous tipos arbóreos considerados taxonomicamente como subespecies distintas. A aciñeira litoral (Quercus ilex subsp ilex) está distribuída polo norleste peninsular, Baleares e, de forma ocasional, na costa Cantábrica e na ría de Baiona. Constitúe a forma máis antiga e considérase un elemento da vexetación subtropical que cubriu o extremo norte peninsular con anterioridade ao cuaternario. A aciñeira meseteña (Quercus ilex subsp ballota), sintomática do clima mediterráneo, é a especie máis característica...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Lugar poboado de aciñeiras.

    2. Comunidade vexetal onde a especie de árbore predominante é a aciñeira, cunha estrutura e distribución influída pola actividade humana (pastoreo, lumes, aproveitamento da madeira para leña ou carbón) e de aspecto similar aos sobredos, cos que coinciden xeograficamente e orixinan no suroeste da Península Ibérica formacións mixtas. Teñen unha cobertura elevada dando lugar a unha formación densa e sombriza con árbores de ata 10 m. Os aciñeirais ibéricos constitúen a mellor representación dos bosques planoesclerófilos mediterráneos. En Galicia constitúen formacións de alto valor ecolóxico e corolóxico e distínguense: aciñeirais mediterráneos en zonas baixas do país, caracterizados pola presencia no sotobosque de érbedos, carpazas, tomentelos, xilbarbeiras, troviscos e arzaias; e aciñeirais eurosiberianos en terreos calizos dos Ancares e o Courel, cun sotobosque onde están presentes acivros, sanguiños, abruñeiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten moitos cartos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Avogado. Promotor da creación do Colexio de Avogados da Real Audiencia da Coruña e Arquiveiro do Reino de Galicia (1775). Publicou Defensa de la inocencia, repulsa de la calumnia, manifestación de la verdad (1775).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de amaneirar.

    2. Dise do ademán, xesto, forma de vestir ou expresarse rebuscados e refinados, conforme a moldes establecidos e faltos de naturalidade.

    3. Aplícase a un home que ten aspecto, modais, voz, xestos, etc característicos dunha muller.

    4. Aplícase á persoa, escritor, artista, xestos, expresións, posturas, linguaxe, estilo, e outras formas de carácter afectado.

    5. Durante moito tempo designou a corrente manierista, pola súa significación de artista que facía a súa arte ‘ó xeito’ dun mestre. Esta denominación foi abandonada a medida que se foi revalorizando o movemento manierista e profundándose no seu estudio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de amaneirar ou amaneirarse.

    2. Afectación dunha persoa nos seus xestos ou na forma de ser.

    3. Comportamento e xestos femininos que caracterizan a un home.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Amosar unha certa uniformidade afectada e forzada na expresión, na postura, no vestido, na linguaxe e no resto das accións.

    2. Facerse amaneirado, especialmente un escritor ou artista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariedade de maceira que produce as ananas, froito temperán.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tecido que elaboran diversos arácnidos co fío, ou seda, producido polas fieiras das glándulas sericíxenas e que serve de trampa para cazar as presas das que se alimentan e tamén como habitáculo, como vehículo, etc. Cada especie ten un deseño propio. Algunhas son só unha serie de fíos de fibroína que irradian do tobo do animal; outras son estruturas irregulares, e outras constitúen formas xeométricas. Na maioría das especies só fan arañeiras as femias.

    2. Está constituída por un grupo de ordenadores que transmiten e reciben información cunha mesma linguaxe, a HTML, Hypertext Markup Language. Creada dentro da rede Internet no ano 1993, a arañeira mundial coñécese como WWW, W3 ou simplemente Web, a partir do termo inglés World Wide Web. A súa popularidade débese á simplicidade do manexo. Os únicos coñecementos de informática que se lle piden ao usuario é saber premer o rato. O receptor da información pode recibir na súa pantalla todo tipo de datos dixitalizables: información textual, gráfica, sonora e audiovisual. Cada páxina adoita ter numerosas ligazóns a outras páxinas, en ordenadores próximos ou moi distantes, de tal xeito que o usuario pode ir navegando a través de numerosos ordenadores de todo o mundo sen decatarse practicamente diso, pois só executa ordes co rato. A súa enorme aceptación fixo que cando se fala da Internet se aluda case exclusivamente á Web. Por este motivo, Internet deixou de ser unha rede informática para fins científicos...

    3. Teorema que explica os mecanismos de axuste entre a curva de oferta e a de demanda cando entre as decisións de producir e as de mercar hai un espazo de tempo considerable. Este mecanismo, especialmente aplicable aos mercados de produtos agrícolas, actúa da seguinte forma: o prezo do produto nun momento determinado condiciona a cantidade que sufrirá no período seguinte, e esta determinará a cantidade demandada e o prezo correpondente, e así sucesivamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ES-TRAD;mso-fareast-language: asnelo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mamífero insectívoro de costumes anfibios, duns 25 cm de lonxitude dos que arredor de 15 corresponden á cola. Posúe unha pequena trompa aplanada dorsoventralmente, rodeada de pelos e cun órgano especial no extremo, o órgano de Eimer, para detectar o movemento baixo a auga e, xa que logo, as posibles presas. Nas patas posteriores, máis desenvolvidas ca as dianteiras, ten unha membrana entre os dedos, fundamental para mergullarse. Segrega unha substancia semellante ao almiscre, que lle serve para impermeabilizar o pelame. Fai o niño en ocos naturais nas ribeiras dos ríos e aliméntase de pequenos crustáceos, moluscos, larvas de insectos e algún peixe de pequeno tamaño. É un endemismo ibérico e vive no terzo norte da Península Ibérica (principalmente Pireneos, Cordilleira Cantábrica e Galicia) onde prefire as partes altas dos cursos fluviais, de augas rápidas non contaminadas e fondos con grandes coios. A súa pel seca empregábase tradicionalmente como repelente da couza nos roupeiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sitio onde se axunta ou espalla o bagazo.

    VER O DETALLE DO TERMO