"Neman" (Contén)
Mostrando 8 resultados de 8.
-
PERSOEIRO
Médico alemán. Estudiou medicina, química e mineraloxía. Fundador da homeopatía, descubriu que todos os medicamentos eran hidrosolubilizables por frega (suspensión coloidal). Na epidemia de cólera de 1831 foi o primeiro en describir a causa como unha pequena estrutura vivente, e introduciu o tratamento antiséptico para combatela. Descubriu, xunto con outros homeópatas, a utilidade dos sales inorgánicos para a recuperación da saúde. Publicou Fragmenta de viribus medicamentorum positivis (1805), Reine Arzneimittellehre (1811-1820) e Die Kronische Krankheiten, ihre eigentümlige Natur und Heilung (1828-1838).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Economista estadounidense. Profesor nas universidades de Princeton, Berkeley e Columbia, recibiu o Premio Nobel de Economía en 2002, xunto con Vernon Lomax Smith, polo seu labor na integración da investigación sociolóxica na ciencia económica, especialmente na toma de decisións en situacións de incertidume.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Muxía. Construída en estilo románico no s XII, ten unha soa nave e ábsida rectangular, con cuberta de madeira a dúas augas. A fachada está composta por unha porta formada por arquivoltas apoiadas sobre columnas pegadas, unha liña de imposta corrida, e unha ventá semellante á porta e cun arco polilobulado como marco superior. O conxunto remata nunha espadana de dous vans.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome ruso do río Nemunas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Arciprestado da diocese de Santiago que abrangue os concellos de Camariñas, Muxía e parte do de Vimianzo. Comprende 14 parroquias matrices e sete anexas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista publicada en Santiago de Compostela a partir de 1953, que cesou en 1954 (nº3). Subtitulada “Hacia el Finisterre”, representou os intereses de distintos concellos da comarca de Fisterra. Editada en Betanzos, o seu director foi Baldomero Cores Trasmonte. Incluíu crónica social, deportes e bibliografía da comarca, e atendeu aos intereses locais e aos dos seus emigrantes en Bos Aires. Contou con colaboracións literarias de Ben-Cho-Shey, Fernández del Riego, R. Otero Pedrayo, Aquilino Iglesia Alvariño e Francisco Mayán.
-
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico. Foi un dos iniciadores do movemento neorrealista con filmes como The Men (1950), Teresa (1951), High Noon (1952), From Here to the Eternity (1953; Oscar ao mellor filme e á mellor dirección), Oklahoma (1955), A Man of all Seasons (1956; Oscar ao mellor filme e á mellor dirección), Julia (1977) e Five Days on Summer (1982).
VER O DETALLE DO TERMO