Nemancos
Nemancos
[PUBLIC]
Revista publicada en Santiago de Compostela a partir de 1953, que cesou en 1954 (nº3). Subtitulada “Hacia el Finisterre”, representou os intereses de distintos concellos da comarca de Fisterra. Editada en Betanzos, o seu director foi Baldomero Cores Trasmonte. Incluíu crónica social, deportes e bibliografía da comarca, e atendeu aos intereses locais e aos dos seus emigrantes en Bos Aires. Contou con colaboracións literarias de Ben-Cho-Shey, Fernández del Riego, R. Otero Pedrayo, Aquilino Iglesia Alvariño e Francisco Mayán.