"Nemesio" (Contén)

Mostrando 9 resultados de 9.

  • PERSOEIRO

    Pintor e arquitecto de formación. O seu estilo artístico está a medio camiño entre o Expresionismo e o Surrealismo en forma de series que explora baixo múltiples variantes. En 1941 trasladouse a EE UU para ampliar os seus estudos de arquitectura e ingresou no Atelier 17 (1947), onde se formou como gravador con Stanley William Hayter e adquiriu un gran dominio da liña. En 1950, durante a súa estadía en París, iniciouse nas técnicas da pintura ao óleo. Fundou e dirixiu (1955-1963) o Taller 99 de gravado, que foi o xermolo da Escola de Arte da Universidade Católica en 1958. Así mesmo, realizou un importante labor de promoción e divulgación das novas xeracións de artistas. Foi director do Museo Contemporáneo da Universidade de Chile (1961-1964), agregado cultural de Chile en EE UU (1964) e director do Museo Nacional de Belas Artes (1969). En 1985, de regreso...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Avogado e articulista, licenciado en Dereito pola Universidade de Salamanca. Na súa tarefa xurídica especializouse en cuestións relacionadas cos montes veciñais, a cota empresarial, os encoros e as industrias contaminantes; tamén participou como defensor en procesos vistos contra nacionalistas. Así mesmo, desenvolveu a súa actividade no eido da cultura e da normalización da lingua galega na Administración Pública e nos tribunais de xustiza. Publicou Os montes veciñais en réxime de propiedade xermánica na Galiza e no norde de Portugal. Foi cofundador da Agrupación Cultural Auriense (1968) e presidente da Asociación Cultural de Vigo (1974). É membro da Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación e da Comisión sobre Toponomia do concello de Ourense. No ano 2017, doou a súa biblioteca persoal, de máis de 7000 volumes, ao concello de Viana...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Formouse na Escuela de Arquitectura de Madrid. Mesturou o gusto pola estética medieval nas construcións relixiosas co repertorio neoclásico nos edificios civís. Foi arquitecto da Deputación (1870) e do concello de Lugo (1894), cidade na que fomentou a creación da Escola de Artes e Oficios (1888) e a electrificación do núcleo urbano. Entre as súas obras destacan o concello (1874) e as torres da catedral (1878-1881) de Lugo, as igrexas de Santiago de Mondoñedo (1889-1890), de Santalla de Cervo (Cedeira, 1906-1907) e de San Bertomeu de Cariño (1907-1910), e a reconstrución do castelo de Castro de Ouro (Alfoz).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Director de coros, compositor e musicólogo. Licenciado en Musicoloxía, Canto e Composición Musical. Estudiou no Conservatorio Elemental de Música de Santiago de Compostela, no Conservatorio Profesional de Música y Declamación da Coruña e posteriormente en Roma. Mestre de capela da catedral de Santiago de Compostela, exerceu a docencia e da súa produción destacan pezas para coro, vocais e motetes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filósofo. Suposto bispo de Emesa, escribiu o tratado Perì phýseōs anthrópou (Sobre a natureza do home), apoloxía do cristianismo de inspiración neoplatónica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (? - 250) Mártir. Foi detido durante a persecución de Decio e martirizado na fogueira xunto con bandidos e ladróns da cidade. A súa festividade celébrase o 19 de decembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Vitorino Nemésio Mendes Pinheiro da Silva.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo que ten a súa orixe no grego Νεμέσιος, latinizado en Nemesius, nome persoal derivado de Némesis, a deusa da xustiza punitiva ou distributiva, e da vinganza divina contra toda desmesura. Presenta o hipocorístico Neme. A súa festividade celébrase o 19 de decembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e novelista portugués. Coñecido como Vitorino Nemésio, doutorouse en Filoloxía Románica na Universidade de Letras de Lisboa, da que tamén foi reitor. Creador da Revista de Portugal (1937), en que apareceron destacadas figuras modernistas e vangardistas, foi director do xornal O Dia (1975). A súa primeira obra poética foi Canto Matinal (1916). O recordo das Açores e a memoria da infancia son os dous polos que centran a súa poesía, especialmente no libro Nem toda a noite a vida (1950). Destacado ensaísta e investigador, explorou o mundo do conto en Paço do Milhafre (1924) e a novela en A casa fechada (1937) e Mau tempo no canal (1944). Recibiu o Premio Nacional de Literatura de Portugal (1965) e o Premio Montaigne (1973).

    VER O DETALLE DO TERMO