Antúñez, Nemesio

Antúñez, Nemesio

Pintor e arquitecto de formación. O seu estilo artístico está a medio camiño entre o Expresionismo e o Surrealismo en forma de series que explora baixo múltiples variantes. En 1941 trasladouse a EE UU para ampliar os seus estudos de arquitectura e ingresou no Atelier 17 (1947), onde se formou como gravador con Stanley William Hayter e adquiriu un gran dominio da liña. En 1950, durante a súa estadía en París, iniciouse nas técnicas da pintura ao óleo. Fundou e dirixiu (1955-1963) o Taller 99 de gravado, que foi o xermolo da Escola de Arte da Universidade Católica en 1958. Así mesmo, realizou un importante labor de promoción e divulgación das novas xeracións de artistas. Foi director do Museo Contemporáneo da Universidade de Chile (1961-1964), agregado cultural de Chile en EE UU (1964) e director do Museo Nacional de Belas Artes (1969). En 1985, de regreso a Chile, abriu de novo o Taller 99.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Santiago de Chile

  • Falecemento

    Lugar : Santiago de Chile