"Nicea" (Contén)
Mostrando 5 resultados de 5.
-
PERSOEIRO
Astrónomo grego. Entre 161 e 127 a C fixo en Rodas a maioría das súas observacións científicas, das que destacan o cálculo do ano solar en 365 días e 6 horas e a redacción do primeiro catálogo de estrelas. Atribúeselle a invención do astrolabio.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade antiga de Bitinia (posteriormente Iznik, Turquía), situada uns 50 km ao SL de Constantinopla. Fundada en 316 a C por Antígono Monóftalmos co nome de Antigonea, foi engrandecida por Lisímaco, quen lle deu o nome de Nicea en lembranza da súa primeira muller. Foi embelecida e fortificada por diversos emperadores. Solimán conquistouna en 1078 pero, liberada polos croatas un ano despois, en 1204 converteuse en capital do Imperio de Nicea. Foi sede de dous concilios ecuménicos. Conserva as ruínas da catedral de Santa Sofía, convertida en mesquita no s XIV, e as súas murallas, do s V, constitúen un dos exemplos máis interesantes de fortificacións bizantinas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Primeiro concilio ecuménico, convocado en 325 polo Emperador Constantino I e ratificado por Silvestre (314-335), coa finalidade de combater o arianismo. Condenou a tese de Ario, insistiu no concepto teolóxico do homoousios, segundo o que o Fillo é consubstancial co Pai, e fixou a data de Pascua no domingo seguinte ao primeiro plenilunio de primavera. Durante a súa celebración aprobouse a declaración de fe coñecida como Símbolo Niceno.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sétimo concilio ecuménico, convocado pola Emperatriz Irene en 787 por iniciativa do patriarca de Constantinopla. Reuniuse en Constantinopla pero foi disolto polos soldados e volveuse reunir en Nicea. Rematou coa controversia iconoclasta.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Imperio fundado polo Emperador Teodoro I Láscaris en 1204 na cidade de Nicea. Intentou representar a continuidade e a lexitimidade do Imperio Bizantino tras a conquista de Constantinopla pola Cuarta Cruzada (1201), así como chegar a facerse cos territorios de Lidia, Bitinia, parte de Frixia e algunhas illas do Exeo. Foi gobernada por cinco emperadores: Teodoro I Láscaris (1204-1222), Xoán III Ducas Vatatzes de Bizancio (1222-1254), Teodoro II Ducas Láscaris (1254-1258), Xoán IV Ducas Láscaris de Bizancio (1258-1261) e Miguel VIII Paleólogo (1259-1261). A loita destes contra os usurpadores latinos foi constante e, por medio de sucesivos pactos e alianzas con outras potencias, conseguiron expulsalos de Constantinopla en 1261, restaurándose deste xeito o Imperio Bizantino.