Nicea, Imperio de

Nicea, Imperio de

Imperio fundado polo Emperador Teodoro I Láscaris en 1204 na cidade de Nicea. Intentou representar a continuidade e a lexitimidade do Imperio Bizantino tras a conquista de Constantinopla pola Cuarta Cruzada (1201), así como chegar a facerse cos territorios de Lidia, Bitinia, parte de Frixia e algunhas illas do Exeo. Foi gobernada por cinco emperadores: Teodoro I Láscaris (1204-1222), Xoán III Ducas Vatatzes de Bizancio (1222-1254), Teodoro II Ducas Láscaris (1254-1258), Xoán IV Ducas Láscaris de Bizancio (1258-1261) e Miguel VIII Paleólogo (1259-1261). A loita destes contra os usurpadores latinos foi constante e, por medio de sucesivos pactos e alianzas con outras potencias, conseguiron expulsalos de Constantinopla en 1261, restaurándose deste xeito o Imperio Bizantino.