"Nitra" (Contén)

Mostrando 11 resultados de 11.

  • Fertilizante mineral composto de nitrato amónico e pedra calcaria, finamente moída.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da provincia homónima, Marrocos (292.627 h [estim 1994]). Durante o protectorado francés (1932-1956) denominouse Port-Lyautey.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Marrocos (4.745 km2; 979.000 h [estim 1994]). A súa capital é Kenitra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Kraj de Eslovaquia que está situado á beira do río homónimo (6.343 km2; 713.422 h [2001]). A capital é Nitra (87.575 h [2000]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reacción de substitución en que un átomo de hidróxeno, substitución directa, ou outro átomo ou un grupo de átomos, substitución indirecta, se muda por un grupo nitro, -NO2. A nitración de compostos aromáticos é unha reacción de substitución electrófila que ten lugar mediante a acción do ácido nítrico no seo dun disolvente determinado. O mecanismo normal de nitración implica a produción, a partir do ácido nítrico, do ión NO2+ e o ulterior ataque por parte deste ión do composto que cómpre nitrar. As reaccións de nitración teñen unha grande importancia práctica, como é o caso dos explosivos. Outros derivados son intermediarios útiles que se poden reducir a aminas, e que teñen un grande interese na preparación de colorantes, de menciñas e doutros produtos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de nitrar.

    2. Aplícase ás substancias que se obteñen por nitración.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Facer ou producir unha nitración.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Transformación espontánea de ácido nitroso ou nitratos en ácido nítrico ou nitritos que ten lugar no solo en presenza de bacterias do xénero Nitrobacter.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • nitrato de Chile.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calquera sal ou éster do ácido nítrico. Os sales, de fórmula M<H>I</H>NO 3 , obtéñense por reacción do ácido nítrico cun metal, un hidróxido ou un carbonato. Utilízanse como fertilizantes e, polo feito de seren bos axentes oxidantes a temperaturas elevadas, como compoñentes de explosivos. Os nitratos de alquilo, de fórmula R-ONO 2 , obtidos por reacción dun alcohol con ácido nítrico, empréganse como explosivos. A súa importancia económica deriva esencialmente do emprego como fertilizante en agricultura. De feito, a nitrificación das terras de cultivo, en particular nos casos de cultivo intensivo, é básica para a obtención de importantes incrementos de produtividade e, aínda máis, se son terras pobres en materias orgánicas. Os nitratos máis empregados son os de sodio -sexa natural ou sintético- o de potasio (salitre) e o de amonio, que se obtén por síntese a partir do ácido nítrico. En estado natural existen grandes xacementos de nitratos de sodio e de potasio...

    2. Nitrato de sodio natural.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Substancia, da familia das benzodiacepinas, que funde a 225°C. O seu uso está indicado na ansiedade e no insomnio.

    VER O DETALLE DO TERMO